Laura Cid Rascado
Quick Facts
Biography
Laura Cid Rascado, nada en Vigo en 1999, é unha artista galega.
Traxectoria
Graduouse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo en 2022. Ten o Grao Profesional de Música desde 2020, cursado no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e o CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra. En 2022 tocaba na Banda de Música de Beade como clarinetista.
Para o traballo de fin de grao fixo unha especie de libro ou conto en formato acordeón realizado con ilustracións, sen ningún tipo de texto, que estivo exposto no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco).
En 2023 gañou a III edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi” con Maruchi e o gancho. O xurado, que estaba formado por Tamara Andrés, Armando Requeixo, Óscar Villán, Carlos Loureiro e Sara Valcárcel, destacou:
este álbum ilustrado que é unha historia que se entretece perfectamente a través de texto e imaxe, tecida con ritmo, claridade e ollada poética. Presenta un nó que a protagonista ten que desenredar o cal se vai enfiando de xeito equilibrado, tenro, humorístico, perspicaz. Trátase, ademais, dun álbum ilustrado perfectamente apto para todos os públicos.
Premios
- 2023: III edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi” con Maruchi e o gancho.
Notas
- ↑ "Laura Cid Rascado, proceso y dossier" (PDF). marcovigo. Consultado o 24 de maio de 2023.
- ↑ Veiga, Laura (24 de maio de 2023). ""Non adoito debuxar persoas; relaciono as súas características cun animal que as representa"". Nós Diario: 32.
- ↑ Docampo, Lois (2023-04-12). "Laura Cid Rascado gana la tercera edición del premio Alberte Quiñoi". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-05-24.
- ↑ Sara (2023-04-11). "Laura Cid Rascado gaña o III Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-24.
- ↑ asociacionescritoras-es (2023-05-03). "Laura Cid Rascado gaña o III Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi Axenda cultural AELG::". Consultado o 2023-05-24.