Justo Areal Barros
Quick Facts
Biography
Justo Eliseo Areal Barros, nado en Tui o 14 de xuño de 1862 e finado en Vigo o 8 de xullo de 1902 foi un militar, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Exerceu a profesión de militar e dedicouse á literatura, sendo poeta eventual en lingua galega, como mostra o Na morte de Alberte García Ferreiro. Tamén editou o volume Poesías inéditas del P. Feijóo (1901). Colaborou en diversos periódicos da época, como Follas Novas da Habana, Revista Gallega e La Integridad co pseudónimo Prisco e que se reproduciron posteriormente en Casas solariegas de Galicia. Apuntes genealógicos (1889). Elaborou o estudo Fragmentos de historia de Galicia (1900), cun prólogo de Galo Salinas e que recolle textos xa publicados en La Integridad co título de Efemérides. Con motivo da súa morte compuxéronse na súa honra varios poemas e textos en prosa, tanto en galego coma en castelán, que se publicaron en Buenos Aires baixo o título Corona fúnebre a la memoria de D. Justo E. Areal (1903).
Publicou en galego os relatos "O dito d´un parvo" (1898, El Eco de Galicia da Habana) e "Derrepica" (1900, El Eco de Galicia de Bos Aires).