Julio Carballo Enríquez
Quick Facts
Biography
Julio Carballo Enríquez, nado en Ourense en 1861 e finado en Buenos Aires o 26 de maio de 1928, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato e Peritaxe Mercantil en Ourense. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, gañou en 1888 a praza de catedrático de Dereito Administrativo e Economía Política da Universidade de San José de Costa Rica. Alí exerceu como redactor da revista xudicial El Foro. En 1891 regresou a Ourense, dedicouse á avogacía, obtivo o cargo de tenente fiscal da Audiencia Provincial e ingresou no Partido Republicano. Dirixiu o semanario La República. En 1910 marchou a Buenos Aires como correspondente de Vida Gallega e Noticiero de Vigo. Traballou como redactor en La Nación e colaborou en Acción Gallega, Suevia e Correo de Galicia. Vinculado á Casa de Galicia, foi membro do comité antiforal de Buenos Aires e fundou a agrupación antiforal A Terra.
Vida persoal
Casou en Xinzo de Limia en 1885 con Adela Romero Peláez, e foi pai de Julio Carballo Romero.