Jules Maurice
Quick Facts
Biography
Jules Maurice, nado en Douai, Hauts-de-France, o 19 de marzo de 1859 e finado en París o 30 de xuño de 1938, foi un numismático francés.
Traxectoria
Jules Maurice, nado nunha familia de maxistrados, cursou os estudos de Medcina, aínda que nunca chegou a exercer esta profesión.
O contacto co numismático Ernest Babelon espertou o seu interese pola moeda imperial romana e afondou no estudo das emisións do príodo constantiniano, a partir do cal comezou a facer sobre este tema as súas primeiras publicacións en revistas de arqueoloxía e numismática, sinaladamente francesas, británicas e italianas.
A súa obra cumio é un compendio monográfico da numismática constantiniana que recolle o resultado das súas investigacións previas en tres volumes, publicados entre 1908 e 1912.
Entre outras entidades asociativas e académicas, Maurice foi nomeado membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres, o 16 de xuño de 1904. Pertenceu tamén á Sociedade Francesa de Numismática e á Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, que presidiu ata 1922.
Recoñecementos
- (1929): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.
Publicacións
Con anterioridade a 1908, Maurice publicou numerosos artigos en revistas numismáticas do seu tempo acerca da actividade dos obradoiros monetarios do baixo Imperio, que posteriormente serviron para compor o seu traballo monográfico máis sobranceiro: Numismatique constantinienne.
Artigos
- (1900). "L'atelier monétaire de Londres (Londinium) pendant la période constantinenne". En Numismatic Chronicle. 3ª serie. Nº 20. Páxinas 108-147.
- (1902). "L'atelier monétaire d'Ostia pendant la période Constantinenne sous les règnes de Maxence et de Constantin". En Rivista Italiana di Numismatica, 15. Páxinas 41-65.
- (1905). "L'atelier monétaire d'Heraclèe de Thrace pendant la période constantinenne". En Numismatic Chronicle. 4ª serie. Nº 5. Páxinas 120-178.
- (1905). "L'atelier monétaire d'Arles pendantla période constantinienne". En Rivista Italiana di Numismatica, 18. Páxinas 44-88.
Monografías
- (1908-1912). Numismatique constantinienne. Leroux, París.
- (1908). T. I: Iconographie et chronologie, descriptionhistorique, des émissions monétaires.
- (1911). T. II: La dynastie héracléenne dans l'Empire des Gaules [...].
- (1912). T. III: La persécution de Maximin Daza, dénominations des espèces monétaires de bronze [...].
- (1924). Constantin le Grand: l'origine de la civilisation chrétienne. Spes.
Notas
- ↑ Aínda que a maioría das fontes indican 1938 como ano do pasamento, como Merlin, A. (1939) ou BnF Data, outras apuntan a 1939, como Digital Librari Numis Arquivado 26 de novembro de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ Dieudonné, A. (1939). Páxina 138.
- ↑ Merlin, A. (1939).
- ↑ Véxase (1908-1912) en "Publicacións".
- ↑ Dieudonné, A. (1939). Páxina 139.
- ↑ Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8. Páxina 142.
- ↑ "Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.
- ↑ Maurice, J. (1922). Société nationale des antiquaires de France. Discours de M. Jules Maurice, président sortant, prononcé dans la séance du 4 janvier 1922. Klincksieck, París [separata de Bulletin de la Société nationale des antiquaires de France. 1º trimestre de 1922]
- ↑ Dieudonné, A. (1939). Páxina 140.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Maurice, Jules 1859-1939 Arquivado 26 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Jules Maurice (1859-1938)". BnF Data.
- ↑ "Maurice, Jules". WorldCat Identities.
Véxase tamén
Bibliografía
- Dieudonné, A. (1939). "Néchrologie: Jules Maurice". En Revue Numismatique. 5ª serie. Tomo 3. Páxinas 138-140.
- Merlin, A. (1939). "Jules Maurice (1859-1938)". En Revue Archéologique. 6ª serie. T. 13. Páxina 125.