Juan Prieto Balsa
Quick Facts
Biography
Juan Prieto Balsa, coñecido como O Escacho, nado en Mugardos en 1903 e finado en Ombre (Pontedeume) o 24 de xullo de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
Emigrante en Cuba onde fundou e presidiu a Unión de Viveristas del Puerto de la Habana (1921), que se converteu en 1922 no Sindicato Único de la Industria de la Pesca en Cuba, militou en 1925 no primeiro grupo comunista da Habana e na Confederación Obrera Cubana. Foi deportado en 1930 e participou en xullo de 1931 na fundación do Sindicato de Marineros y demás Oficios de Mugardos vencellado á CNT. Despois abandonou a CNT e pasou a militar no Partido Comunista. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Mugardos. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi paseado en Ombre.
Predecesor: ? | Alcalde de Mugardos 1936 | Sucesor: Manuel Vázquez Fariña |