peoplepill id: juan-manuel-paz-novoa
JMPN
Spain
1 views today
1 views this week
Juan Manuel Paz Novoa
Spaans journalist (1839-1895)

Juan Manuel Paz Novoa

The basics

Quick Facts

Intro
Spaans journalist (1839-1895)
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Ourense
Place of death
Ourense
Age
56 years
The details (from wikipedia)

Biography

Juan Manuel Paz Novoa, nado en Ourense o 4 de maio de 1839 e finado na mesma cidade o 26 de setembro de 1895, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria

Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.

Acadou o grao de bacharel en Filosofía, Dereito Civil e Canónico e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose máis tarde na Universidade Central de Madrid. Foi profesor de ensino medio en Bilbao, onde impartiu as materias de Economía Política e Dereito Mercantil. Conseguiu despois a cátedra destas materias en Ourense e tamén deu clases na Escola de Comercio de Ribadeo e da Coruña. Na Coruña exerceu como avogado, defendendo a Manuel Curros Enríquez no xuízo seguido contra el trala publicación de Aires da miña terra.

Militou no Partido Republicano Federal, formou parte da Xunta revolucionaria de Ourense en 1868, e foi capitán da Milicia Fuerza Ciudadana. Foi deputado (1873-1874) e gobernador civil de Pontevedra (1893). Foi o máximo inspirador da Lei de Redención de Foros de 1873 e participou na confección do Código civil como representante de Galicia.

Fundou e dirixiu o periódico ourensán El Correo de Galicia en 1872 e colaborou en El Orensano, La Nueva Galicia, El Heraldo Gallego, El Derecho e La Tertulia. Escribiu poemas que foron recollidos no Álbum de la Caridad e no álbum literario La aldea de Casdemiro (1876).

Foi correspondente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e membro da Real Academia da Historia e da de Xurisprudencia e Lexislación.

Obras

  • Cartilla constitucional para uso de los niños que concurren a las escuelas de instrución primaria, 1870.
  • Los foros en Galicia. Apuntes sobre la actual organización de la propiedad territorial en estas cuatro provincias y necesidad de su reforma, 1872.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Juan Manuel Paz Novoa is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Juan Manuel Paz Novoa
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes