peoplepill id: juan-jose-vinas
JJV
Spain
1 views today
1 views this week
Juan José Viñas

Juan José Viñas

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Juan José Viñas Valduvieso
Places
Gender
Male
Age
70 years
The details (from wikipedia)

Biography

Juan José Viñas Balduvieco, nado en Santiago de Compostela o 26 de marzo de 1811 e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1881, foi un xurista e político galego.

Traxectoria

Estudou leis en Compostela, continuando despois na Facultade de Cánones onde obtivo o Bacharelato en Cánones en 1832. Marchou a Madrid e ingresou en 1835 no Consello Real como oficial. En 1837 regresou a Compostela e traballou como Subsecretario de décimos e pasou en 1841 á Comisión superior de exame da Xunta Superior de Desamortización. Foi catedrático de Xurisprudencia e Economía Política e Dereito Político das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1843-1855, 1856-1865, 1866-1868). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1858-1859), deputado a Cortes polo distrito da Coruña (1840, 1843-1844 e 1844-1846), polo de Ortigueira (1846-1850 e 1851-1852) e polo de Santiago (1876-1878) e senador como representante da Universidade de Santiago de Compostela (1877), pero non chegou a tomar posesión.

O 30 de marzo de 1875 tomou posesión como alcalde de Santiago de Compostela, substituíndo a Andrés Tomás Bouza de Figueroa, converténdose no 1º alcalde tras a Restauración borbónica. Nese mesmo día renunciaron tódolos concelleiros que permanecían do anterior equipo municipal, un total de 10. O 9 de setembro foron cubertas 7 desas baixas de concelleiros. Non obstante, durante os meses do seu mandato foron moi poucas as veces que Viñas presidiu as sesións municipais, case sempre dirixidas polos tenentes de alcalde, José Varela-Cadaval Fernández-de Tejada e Francisco Sáinz Herrero, que o sucedeu na alcaldía o 1 de outubro tras presentar Viñas unha dimisión que foi aceptada.


Predecesor:
-
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1843 - 1845
Sucesor:
Rufo Rodríguez Valdespino
Predecesor:
Rufo Rodríguez Valdespino
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1846 - 1855
Sucesor:
Celestino Martínez del Río
Predecesor:
Celestino Martínez del Río
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1856 - 1865
Sucesor:
Simón Martín Sanz
Predecesor:
Simón Martín Sanz
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1866 - 1868
Sucesor:
José Montero Ríos
Predecesor:
Andrés Tomás Bouza de Figueroa
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1875
Sucesor:
Francisco Sáinz Herrero

Vida persoal

Estivo casado con Vicenta Calderón Oreiro, irmá do tamén político galego o III Conde de San Juan, Vicente Calderón Oreiro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •   (en castelán)

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Juan José Viñas is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Juan José Viñas
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes