Juan Couto Sanjurjo
Quick Facts
Biography
Juan Couto Sanjurjo, Simeón, nado en Ardemíl (Ordes) en 1928 e finado na Coruña en outobro de 2000, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Actuou como enlace e ao ser descuberto pola Garda civil, botouse ao monte en xaneiro de 1946, incorporándose ao destacamento Manuel del Río Botana dirixido por Manuel Ponte. Participou no asalto a un tren cargado de armamento na liña A Coruña-Santiago de Compostela. Perdeu o ollo dereito recibir unha perdigonada nunha refrega con veciños de Oíns (Arzúa) o 6 de decembro de 1946. Logrou escapar, con Emilio Pérez Vilariño, no enfrontamento de Fontao onde foron asasinados Manuel Ponte Pedreira, Manuel Díaz e Manuel Rodríguez Suárez o 15 de maio de 1947. Tamén escapou da caída da V Agrupación. Cando capturaron a Benigno Andrade García en marzo de 1952, estaba enfermo oculto noutro lugar, o que lle permitiu escapar da detención. Foi detido en Visantoña (Mesía) o 22 de xuño de 1952 despois de que os seus dous compañeiros, Manuel Ramiro Souto e José Galán Núñez morreran resistindo á Garda Civil que rodeaba a casa onde estaban agochados. Xulgado en consello de guerra o 6 de xullo de 1953 acusado de participar no asasinato do cura de Viós (Abegondo), foi condenado a pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua. Pasou polas cadeas da Coruña, onde coincidiu con Foucellas, Dueso en Santoña (5 anos), Alcalá de Henares (3 anos), Carabanchel e Guadalajara. Foi posto en liberdade en 1963, e instalouse na Coruña.