Juan Bautista Ramos Santos
Quick Facts
Biography
Juan Bautista Santos Ramos, nado en Xaviña (Camariñas) o 27 de marzo de 1943 e finado na mesma parroquia o 3 de xuño de 2023, foi un político galego.
Traxectoria
Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Camariñas nas eleccións municipais de 1979, sendo a segunda forza máis votada trala UCD, que logrou a maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabeza de novo a candidatura socialista e resulta elixido alcalde con maioría absoluta. Porén, anuláronse os resultados nas mesas de Camariñas e Xaviña, polo que se repetiron as eleccións en ditas mesas en novembro de 1983 confirmando a maioría absoluta dos socialistas, que incluso aumentaron un concelleiro. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta en 1987, 1991 e 1995.
Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde, pero perdeu a maioría absoluta. Desta forma, gobernou en minoría ata que en abril de 2000 estableceu un pacto de goberno co BNG. Porén volveuse quedar en minoría trala baixa dun edil socialista en novembro de 2000, que incluso chegou a apoiar unha moción de censura do PPdeG, que foi abortada dende os órganos superiores da formación conservadora. Volveu a selo candidato do PSdeG-PSOE nas municipais de 2003 e foi reelixido alcalde recuperando a maioría absoluta. Non se presentou á reelección nas municipais de 2007, retirándose da política.
Vida persoal
Casou e tivo 3 fillos.
Notas
- ↑ "Falleció el veterano político socialista Juan Bautista Santos, exalcalde de Camariñas". NH Diario. 3 de xuño de 2023.
- ↑ Nova en La Voz de Galicia A Coruña, 6-11-1983 p.1
- ↑ Nova en La Voz de Galicia Carballo, 15-4-2000 p.44
- ↑ El PP de Camariñas presenta una moción de censura que la dirección gallega rechaza
- ↑ Cristina Viu (28 de abril de 2022). "Bautista Santos: «Cando espertei vin a médica e a miña muller con bágoas nos ollos»". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Camariñas
Ligazóns externas
- Entrevista a Bautista Santos Ramos, ex-alcalde de Camariñas Arquivado 27 de setembro de 2021 en Wayback Machine.