Józef Wróbel
Quick Facts
Biography
Józef Wróbel, nado o 18 de outubro de 1952 en Bestwina (Polonia), é un bispo católico latino, bispo de Helsinqui entre 2000 e 2008, e dende entón bispo auxiliar de Lublin.
Biografia
O 28 de decembro de 1974 profesou os votos solemnes na congregación dos Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús. O 12 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Cracovia Franciszek Macharski.
O 30 de novembro de 2000 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Helsinqui, recibindo a consagración episcopal o 27 de xaneiro de 2001 de mans do cardeal Edward Cassidy.
O 28 de xuño de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Lublin e bispo titular de Suas. En 2009 participou na consagración do seu sucesor en Helsinqui, Teemu Sippo, primeiro bispo católico finlandés dende a reforma protestante.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en Catholic-Hierarchy.org (en inglés)