peoplepill id: jose-vieitez-de-soto
JVDS
Spain
1 views today
1 views this week
José Viéitez de Soto

José Viéitez de Soto

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Death
Age
46 years
The details (from wikipedia)

Biography

José Viéitez de Soto, nado en Celanova o 29 de xullo de 1910 e finado en México en 1957, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Coa morte temperá do seu pai, ingresou no Colexio de Orfos de Adxudicatora dos Maristas. Emigrou a Buenos Aires e regresou a Galicia para facer o servizo militar en Ferrol, mentres cursaba Maxisterio. Alí coñeceu a Carmen Gómez Martínez coa que casou, e alí naceu a súa filla Ana Viéitez Gómez en decembro de 1935. Estivo destinado como mestre en Magán (Cuntis) dende xaneiro de 1935. Militante de Izquierda Republicana, interveu nos mitins da comarca de Caldas na campaña da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido nas Neves o 22 de agosto, levado a prisión de Pontevedra e trasladado á Illa de San Simón o 21 outubro. Logo de pagar unha suma de cartos foi posto en liberdade. Retornado a Ferrol, foi chamado a quintas e incorporouse ao exército franquista no Batallón Gallego. Na fronte madrileña realizou unhas declaracións aos soldados denunciando a represiva sublevación franquista. Por estas manifestacións foi detido e sometido a Consello de Guerra en Talavera de la Reina o 27 de novembro de 1937. Foi condenado a morte, pero a pena foille conmutada pola de cadea perpetua e inhabilitación absoluta. En marzo de 1938 foi trasladado á prisión de San Cristóbal de Pamplona. Trasladado a San Simón en xaneiro de 1939, permanece na illa ata marzo, cando o trasladan á prisión central de Figueirido. Foi trasladado de xeito definitivo a San Simón en setembro de 1939.

Saíu do cárcere en febreiro de 1941, acolléndose aos beneficios da liberdade condicional, instalouse en Ferrol e puxo marcha un negocio de distribución e venda de froita coa axuda do seu irmán residente en Canarias. Pero a presión represiva e a imposibilidade de exercer como mestre lévano en 1946 a escapar a Portugal e de alí embarcar para México. Instalouse en Puebla e comezou a traballar como axente de laboratorio facendo visitas médicas. Dous anos despois logrou traer á familia de Galicia e trasladáronse a Cidade de México. José perdeu o traballo e teñen que marchar a Puebla, onde montou unha granxa de polos. Alí morreu en 1957.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Viéitez de Soto is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José Viéitez de Soto
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes