José Santiago Seijo
Quick Facts
Biography
José Santiago Seijo, nado en Viveiro en 1877, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
Avogado en Viveiro. Integrado no maurismo, en 1912 organizou a Juventud Conservadora de Viveiro. En decembro de 1913 foi nomeado alcalde de Viveiro, posto no que permaneceu uns meses. Foi director do semanario El Vivariense en 1914, e foi detido e procesado. Secretario do concello de Viveiro. Volveu ser nomeado alcalde de Viveiro ao rematar a ditadura de Primo de Rivera e tomou posesión o 14 de abril de 1930. Foi elixido concelleiro o 12 de abril de 1931. Coa proclamación da Segunda República integrouse na ORGA facéndose co control da organización ao desprazar e marxinalizar ao sector de Ramón Villar Ponte. Presidiu o Partido Republicano Independiente de Viveiro que editou en 1933 o semanario Vox Pópuli. Foi nomeado alcalde en abril 1934 e permaneceu no cargo ate marzo de 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto e xulgado por rebelión, co resultado de sobresemento provisional. Saíu en liberdade o 14 de decembro de 1936, a disposición da autoridade gobernativa.
Predecesor: - | Alcalde de Viveiro 1913 - 1914 | Sucesor: - |
Predecesor: - | Alcalde de Viveiro 1930 | Sucesor: Ramón Villar Ponte |
Predecesor: - | Alcalde de Viveiro 1934 - 1936 | Sucesor: Balbino Cerdeiras Rey |