peoplepill id: jose-sanjurjo-rodriguez
JSR
Spain
2 views today
3 views this week
José Sanjurjo Rodríguez

José Sanjurjo Rodríguez

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
The details (from wikipedia)

Biography

José Sanjurjo Rodríguez, nado na Coruña na década dos sesenta do século XIX e finado na mesma cidade nos anos corenta do século XX, foi un sindicalista e político anarquista galego.

Traxectoria

Fundou con Marcial Lores e Benito Cadavid o grupo anarquista Ni Dios ni Amo, e fíxose cargo da segunda época de El Corsario. Defendeu a actividade societaria dos anarquistas no Certame Socialista Libertario de La Plata (1898). Foi promotor dos colectivos La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento (1897) do que foi o primeiro presidente e Centro de Estudios Sociales Germinal (1902). Participou no obreirismo coruñés como alicerce da Sociedad de Sastres y Sastras La Fraternidad (1901) e en 1906 foi un dos representantes obreiros que asinou coa patronal o primeiro convenio colectivo da Coruña. Participou en case todos os actos públicos anticlericais da Coruña e foi colaborador do suplemento da Revista Blanca (1901), Germinal e Coruña Moderna. Publicou os folletos Aclaraciones (1904), Abnegación (1925), El hereje (1925) e El nudo gordiano (1931). Tamén confeccionou un Método de lectura graduada para a Escola Laica de La Atocha en 1905. Durante a Guerra civil foi internado no campo de concentración da illa de San Simón.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
  •  
  • Entrada "Sanjurjo, Xosé" do Dicionario biográfico de Galicia, T. 3, p. 230. Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Sanjurjo Rodríguez is in following lists

By work and/or country

comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José Sanjurjo Rodríguez
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes