José Rodríguez Martínez
Quick Facts
Biography
José Rodríguez Martínez, coñecido como Médico Rodríguez, nado na Coruña en 1856 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 1921, foi un médico, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Licenciouse en medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1880. Realizou unha estada en Valencia como colaborador na loita contra o cólera. Creou varios centros de vacinación na Coruña. Dirixiu o periódico El Centro Galaico, fundou as revistas Galicia Médica e Revista Médico-Social e chegou a ser redactor xefe de La Voz de Galicia. Tamén colaborou nos periódicos El Esclavo, La Pelea, El Pueblo, El Cardenal, Lectura Popular, La Unión Republicana e El Bochiche.
As súas ideas republicanas levárono a asinar no verán de 1907 o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega da que foi director do seu órgano de prensa Galicia Solidaria. En 1908 abandonou Solidaridad Gallega.
En 1909 fundou na rúa de Santo André da Coruña unha moderna casa de cirurxía co nome da deusa grega Higia, no que había novidades coma incubadoras para nenos prematuros. A clínica desapareceu en 1921 coa morte do seu fundador.
Obras
- Valencia-Galicia, estudo práctico acerca del tratamiento más eficaz del cólera morbo asiático, método seguido en la epidemia colérica de Valencia del presente año, 1885.
- De La Coruña a la carcel, 1893.
- Los desastres y la regeneración de España, 1893.
- Defensa contra la tuberculosis, 1905.
- Solidaridad Gallega. Los grande simuladores y el médico Rodríguez, 1908.
- Manual completo de la gripe, 1918.
- Colón español, hijo de Pontevedra, 1920.
Homenaxes
En 1933 inaugurouse un monumento ao Médico Rodríguez na praza de Ourense da Coruña.