José Puente Castro
Quick Facts
Biography
José Puente Castro, nado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1883 e finado na mesma cidade o 7 de febreiro de 1963, foi un médico galego.
Traxectoria
Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Cirurxián, visitou centros cirúrxicos europeos e todos os anos ía a París para asistir a cursos de cirurxía. En 1926 creou un sanatorio privado en Santiago de Compostela, o sanatorio de San Agustín. Foi profesor auxiliar da Facultade de Medicina e profesor honorario da USC. Asinou o manifesto de intelectuais. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 marchou á fronte de Asturias incorporándose no Hospital de Luarca. En setembro de 1936 foi nomeado médico militar do Hospital de Guitiriz. Foi nomeado delegado civil gobernativo de Santiago de Compostela en outubro substituíndo ao comandante Manuel García Diéguez. Permaneceu só uns días como Alcalde, pois o 16 de outubro o Gobernador da Coruña alegando incompatibilidade co cargo de médico de Hospital de Guitiriz ordenou substituílo por Juan Varela de Limia García.
Predecesor: Manuel García Diéguez | Alcalde de Santiago 1936 | Sucesor: Juan Varela de Limia García |
Obras
Ademais da súa tese de doutoramento Grandes abscesos del hígado (1912), publicou traballos científicos en revistas especializadas e un libro sobre cirurxía vascular. Tamén publicou artigos que asinaba co pseudónimo Dr. Veritas.
Recoñecementos
Foille concedida a Gran Cruz da Beneficencia e fundou unha bolsa para mozos cirurxiáns que desexaran completar a súa formación no estranxeiro.
O Concello de Santiago nomeouno fillo predilecto e púxolle o seu nome a unha praza no Ensanche da cidade.
Vida persoal
Casou con Matilde Domínguez Benavides e entre os seus fillos tivo a José Luis Puente Domínguez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- PUENTE CASTRO, José en GEG