peoplepill id: jose-pintos-quinteiro
JPQ
Spain
1 views today
1 views this week
José Pintos Quinteiro

José Pintos Quinteiro

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Cotobade
Place of death
Pontevedra
Age
37 years
The details (from wikipedia)

Biography

José Pintos Quinteiro, nado en Cerdedo-Cotobade en 1899 e finado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Chofer. Era un dos principais dirixentes do PSOE pontevedrés, e foi elixido vicepresidente da agrupación socialista en xuño de 1936. Ao producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936 tivo unha participación destacada no Comité para a defensa da República organizado no goberno civil e, xunto cos compañeiros Manolo Amoedo, Valeriano Riobó, os irmáns Martínez Vázquez, e outros, tomou parte nas requisas de autos e armas ordenadas polas autoridades. Logo da saída á rúa dos militares refuxiouse no barrio da Moureira, nunha casa na rúa de Xan Guillerme propiedade de Benito Lago Currás. A policía rexistrou a casa en varias ocasións sen resultado. O 25 de agosto Pintos escapou cara San Xurxo de Sacos nun taxi propiedade do veciño do Marco Andrés Vázquez. Foi detido no seu domicilio en San Xurxo de Sacos ás 21 horas do día 26 por dous gardas civís e un cívico de Cerdedo-Cotobade. Foi asasinado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada como causada por ferida de arma de fogo no cranio.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Pintos Quinteiro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José Pintos Quinteiro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes