José Pereira Miguez
Quick Facts
Biography
José Enrique Pereira Miguez, nado en Redondela o 5 de novembro de 1884 e finado na mesma vila en novembro de 1956, foi un médico e político galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Pereira Miguez. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1907. Destacou na loita antiforal e foi concelleiro en 1915. Na Segunda República foi secretario da directiva do Centro Republicano de Redondela (1933). Cao sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a cadea perpetua. Estivo preso no cárcere de Vigo, na Illa de San Simón e no Castelo de San Cristóbal (Pamplona). Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Ao saír do Penal de San Cristóbal estivo desterrado en Ceuta, regresando finalmente a Redondela, onde exerceu outra vez a súa profesión. Tamén foi médico en Domaio e na Lama.
Vida persoal
Casou con Carmen Ibáñez Araujo en 1911.