José Pasín Romero
Quick Facts
Biography
José Pasín Romero, nado en Santiago de Compostela en 1878 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1960, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
Obreiro ebanista de ideario republicano federal, organizou Sociedades de distintas profesións, culminando na Federación de Obreros y Agricultores de Santiago y pueblos comarcanos. Fundou os periódicos La Defensa (1913) e Lucha Social (1919-21), órgano da Federación de Obreros y Campesinos, da que foi presidente. Tamén foi director de La Redención (voceiro da Federación de Agricultores de Padrón) na súa última época. A súa participación na folga xeral de 1917 levouno ao castelo de San Antón, onde estivo preso durante varios meses.
Foi o primeiro concelleiro obreiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1909, vencendo a Felipe Romero Donallo. Continuou como concelleiro en Compostela nas sucesivas eleccións ata a ditadura de Primo de Rivera. Volveu ser elixido concelleiro en 1931, nas municipais que trouxeron a Segunda República, formou parte da Federación Republicana Gallega e chegando a ser primeiro tenente-alcalde ata a súa expulsión do Concello en 1934.
Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, varios falanxistas trataron de detelo, e estivo fuxido durante tres anos polas aldeas dos arredores. Dous dous seus fillos foron asasinados (Marcelino e Modesto) e outro, Luis, salvouse.