José Moldes Castro
Quick Facts
Biography
José Moldes Castro ou José de Moldes, nado en Porráns (Barro) en 1915 e finado en 1987, foi un inventor galego, creador do primeiro automóbil deseñado e construído en Galicia.
Traxectoria
Fillo de Ángel Moldes Barreiro, alcalde de Barro, na súa xuventude foi tesoureiro do Partido Galeguista, antes da sublevación do 18 de xullo de 1936. Posteriormente montou negocios de ferretería e madeira en Barro e a súa comarca.
Deseñou en 1949, e construíu, en 1950, o primeiro automóbil en Galicia, bautizado como El Coso que circulou pola provincia de Pontevedra durante máis de tres anos, ata que en 1953 foi retirado da circulación por orde do Xefe de Obras Públicas.A escritora Emma Tilves Pazos recolleu testemuña:
O seu fillo, o político, profesor e diplomático Francisco Javier Moldes Fontán recordábao así:
El Coso anticipouse ao Pegaso Z-102 da autárquica ENASA, deseñado polo catalán Wifredo Ricart, ao primeiro SEAT (1953), o 1400, de deseño italiano (FIAT) e ao Renault 4CV, de deseño francés e producido por FASA desde 1953, o único que chegou a ser realmente popular. Tamén se anticipou aos primeiros automóbiles Barreiros, do ourensán Eduardo Barreiros, con quen Moldes tivo relación, que tardaron en aparecer -en 1954- polas trabas administrativas dos sucesivos gobernos de Franco durante os anos cincuenta. Non foi casual que en 1953, xusto o ano da comercialización dos primeiros automóbiles españois, o representante provincial do Ministerio de Obras Públicas ordenase retirar da circulación o automóbil de produción artesanal de José Moldes, que ata ese momento circulara sen problemas pola provincia durante máis de tres anos.
Xunto co catalán Eusebio Cortes Cherto, que construíu os seus coches entre 1946 e 1950, Moldes foi, entre 1949 e 1953, un dos pioneiros que mobilizaron o seu enxeño ante a práctica ausencia dunha industria española do automóbil durante a primeira etapa de autarquía da posguerra.