peoplepill id: jose-mejuto-bernardez
JMB
Spain
1 views today
1 views this week
José Mejuto Bernárdez

José Mejuto Bernárdez

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Age
30 years
The details (from wikipedia)

Biography

José Mejuto Bernárdez, nado en Coiro (Cangas do Morrazo) o 19 de marzo de 1906 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un mecánico e sindicalista galego.

Traxectoria

Sobriño de Ángel Bernárdez Rodríguez. Fórmase na Escola Industrial de Vigo e traballa en talleres de Bouzas e Vigo desde 1928. Mecánico naval con inquietudes culturais e políticas: afiliado á UGT de Vigo, é representante da Zona 8ª da Federación Sidero-Metalúrxica no Comité Nacional en 1932. Segundo testemuño oral de J. Nores Rodríguez, José Mejuto e Emilio Nores Rodríguez formaron a primeira célula comunista en Cangas. Casa José Mejuto en 1930 con Alejandra Nogueiras Lagoa e establece taller propio en Cangas. Despois da sublevación do 18 de xullo de 1936 segue residindo en Cangas, ameazado polos falanxistas entre os que se atopan algúns dos seus parentes políticos. Viaxa de cando en vez a Vigo para intentar vender unha propiedade. Por ese motivo, queda o 20 de setembro en Teis (Vigo), onde vivían as súas medias irmás e alí é detido no curso dunha redada, aínda que o seu nome non está na lista que levan a Garda Civil e os membros das JAP. Os informes enviados pola Garda Civil de Cangas determinan o seu encarceramento. Preso no Frontón de Vigo e na illa de San Simón, foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937. Durante o tempo que estivo preso na illa de San Simón escribiu cartas á familia que deixaba na casa: a súa muller Alejandra Nogueira Lagoa, á irmá Carmen, á nai Josefa e aos catro fillos menores de sete anos, Isabel, Josefina, Fernando e Manuel. Conserváronse 35 cartas, cuxas copias foron doadas polos descendentes que residen en Buenos Aires desde principios dos 50 en 2013 á Real Academia Galega. Publicadas en libro, os orixinais foron entregados á institución o 3 de marzo de 2017.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mejuto Bernárdez, José (2015). Cartas de un condenado a muerte. Los últimos días en prisión en 1936 y 1937 del republicano gallego José Mejuto Bernárdez. Textos de Xesús Alonso Montero; Ana Paula Mejuto; Olivia Rodríguez González; Eduardo Galeano. Santiago de Compostela. Alvarellos Editora. ISBN 978-84-89323-91-9.
  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Mejuto Bernárdez is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José Mejuto Bernárdez
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes