José Manuel González Álvarez
Quick Facts
Biography
José Manuel González Álvarez, nado en Bande, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Estudou Medicina en Santiago e ao terminar a carreira exerceu como médico en Lugo e Vilagarcía
Fixo un mestrado en Administración Sanitaria e cando o Goberno central transferiu o SERGAS, o conselleiro Manuel Montero Gómez designouno subdirector xeral de Atención Especializada. Era o año 1990 e comenzaba para González unha carreira de fondo na Administración. No ano 1991 foi designado xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo. José Manuel Romay Beccaría mantívoo ao fronte do hospital, onde permaneceu ate 1996. Dous años despois houbo alí seis mortos por aspergillus. González foi imputado no caso, acusado polos familiares das vítimas. O fiscal non formulou cargos. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou anos máis tarde arquivar as dilixencias abertas contra el.
A xestión de José Manuel González ao fronte do Meixoeiro foi ben valorada polos sucesivos responsables de Sanidade, e asumiu despois a xerencia do Xeral-Cíes de Vigo, de onde pasou á dirección do Sergas en Pontevedra en xaneiro de 2002. En abril de 2003 foi chamado por Núñez Feijoo para facerse cargo da dirección provincial de Política Territorial.
Tralas eleccións autonómicas de 2005, cando comezaron a gobernar PSOE e BNG, marchouse á Comunidade de Madrid onde foi Director xerente da Fundación Hospital Alcorcón. Nomeado en 2009 xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
Predecesor: José María Hernández Cochón | Conselleiro de Sanidade 2004 - 2005 | Sucesor: María José Rubio |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Reportaxe en La Voz de Galicia
- Noticia en Faro de Vigo
- Entrevista en El Correo Gallego