José Luis Varela Iglesias
Quick Facts
Biography
José Luis Varela Iglesias, nado en Ourense o 10 de xuño de 1924, é un profesor e escritor galego. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 1950 .
Traxectoria
Estudou o bacharelato en Ourense, onde fundou e dirixiu a revista literaria Posío. Foi discípulo de Vicente Risco. Estudou Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que acabou en Madrid en 1946. É doutor en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid (1948) e pola de Colonia (1956) e Doutor Honoris Causa pola Universidade Nacional del Sur (Arxentina, 1997).
Foi catedrático de Literatura Española en La Laguna, Valladolid e Madrid, decano de Filosofía e Letras en La Laguna, de Ciencias da Información en Madrid, secretario xeral da Universidade Internacional de Canarias (As Palmas), vicerreitor da Universidade Complutense (Madrid), Gastprofessor das Universidades de Colonia, Innsbruck e Salzburg e visiting professor (California, Virxinia e Texas). Foi lector de español na Universidade de Colonia e secretario xeral do Instituto de España en Munich (1956-1957). É catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid (desde 1989) e catedrático da University of Texas en Austin (desde 1990).
Obras
- Ensayos de poesía indígena en Cuba, 1951.
- Vossler y la ciencia literaria, 1955.
- Poesía y restauración cultural de Galicia en el siglo XIX, 1958.
- La palabra y la llama, 1967.
- La transfiguración literaria, 1970.
- Larra y España, 1983.
- Tradición e innovación en Cunqueiro, 1992.
- A literatura do exilio galego en América, 1995 (editor).
Premios
Medalla de Prata de Galicia en 2001.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.