peoplepill id: jose-gomez-posada-curros
JGP
Spain
1 views today
1 views this week
José Gómez Posada-Curros
Spanish journalist

José Gómez Posada-Curros

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish journalist
Places
Work field
Gender
Male
Birth
Place of birth
Vigo, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age
96 years
Awards
Castelao Medal
 
The details (from wikipedia)

Biography

José Gómez Posada-Curros, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1996, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Fillo do compositor e concertista compostelán Gómez-Curros. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Doutor en Filosofía e Letras, foi catedrático de bacharelato no instituto de Lugo.

Con 17 anos dirixiu o semanario estudantil Maruxa e ao ano seguinte a revista La Raza; a finais de 1924 dirixiu La Última Hora e ao ano seguinte fundou e dirixiu Vida Céltica. Foi o último xornalista que entrevistou a Ramón María del Valle-Inclán. En 1926 estreouse a súa comedia dramática Amor de Amores. Foi redactor de Faro de Vigo, onde dirixiu a súa "Página Literaria" en 1923, e El Pueblo Gallego e arquiveiro do Concello de Vigo, onde recompilou as Ordenanzas de la Villa dende 1560.

En 1922 participou como actor na representación da obra Trebón de Armando Cotarelo Valledor, e antes diso escribira o libreto dunha zarzuela en galego chamada O sangue berra, con música de Lozano. En 1944 escribiu a obra coral en castelán Canción Galega, publicada en 1991 en galego co título de Nin me abandonarás nunca con tradución de Xosé Luís Méndez Ferrín. Esta obra foi levada a escena en 1994 polo Centro Dramático Galego.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Recibiu a Medalla do Traballo en 1980 e a Xunta de Galicia concedeulle a medalla Castelao en 1995.

Obras

  • Alejandro Herculano en España y su influencia en la literatura nacional y gallega, 1994.
  • Recuerdos y vivencias con recreación compostelana.
  • Nin me abandonarás nunca, 1995.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gómez Posada-Curros, J. e de Gálvez, L. (1995): Nin me abandonarás nunca. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-1283-9

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Gómez Posada-Curros is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
José Gómez Posada-Curros
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes