José Fernando Vila Brión
Quick Facts
Biography
José Fernando Vila Brión, nado en Xuño (Porto do Son) o 21 de xuño de 1938, é un químico, farmacéutico e político galego que foi alcalde do concello de Dodro.
Traxectoria
Licenciouse e doutorouse en Ciencias Químicas, e licenciouse en Farmacia, na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi presidente da Fundación Hospital Médico Cirúrxico Provincial de Santiago, en Conxo, e conselleiro xeral de Caixa Galicia.
Foi alcalde de Dodro durante vinte e oito anos, dende as primeiras eleccións municipais do presente período democrático (1979) cando encabezou a candidatura de UCD, pasando en 1983 á Coalición Popular, en 1987 á CPG e dende as municipais de 1991 ao PPdeG, até as municipais de 2007, nas que non se presentou á reelección. Isto convérteo no alcalde de Dodro co mandato máis longo da historia do concello. Compaxinou a alcaldía co oficio de farmacéutico, que segue a realizar na actualidade.
Predecesor: Manuel Morales Pérez | Alcalde de Dodro 1979 - 2007 | Sucesor: Arturo Díaz Díaz |
Notas
- ↑ Barrera, F., ed. (2002). "Vila Brión, José Fernando". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 594-595. ISBN 84-8064-113-4.