Jorge Domínguez Rosal
Quick Facts
Biography
Jorge Domínguez Rosal, nado en Meaño o 29 de xuño de 1959, e finado o 20 de novembro de 2012 en Pontevedra, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Enxeñeiro técnico agrícola e técnico superior en Riscos Laborais de formación, logo de trece anos residindo en Sanxenxo volveu a Meaño en 1985 para ocupar unha praza de funcionario. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 encabezando a candidatura de Independentes de Meaño e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde en 1995 e 1999 tamén con maioría absoluta. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e volveu ser elixido por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.
Dende 2003 presidiu a Mancomunidade do Salnés, entidade na que entrou en 1991 como vocal e da que foi vicepresidente (1995-1999). Foi elixido deputado provincial en 2011. Faleceu de cancro o 20 de novembro de 2012, aos 53 anos.
Predecesor: Germán Manuel Rodiño González | Alcalde de Meaño 1991 - 2012 | Sucesor: Lourdes Ucha Varela |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Meaño
Ligazóns externas
- Entrevista en Diario de Pontevedra
- Entrevista en La Voz de Galicia