John William Ernest Pearce
Quick Facts
Biography
John William Ernest Pearce, nado en Bristol, Inglaterra, o 4 de abril de 1864 e finado en Londres o 25 de xaneiro de 1951, foi un profesor de cultura clásica e numismático británico especializado na moeda do Imperio Romano.
Traxectoria
Primeiros anos e formación
Pearce naceu en Bristol o 4 de abril de 1864, fillo de Henry Edward Pearce e de Harriet Georgina Hurst. Realizou os seus primeiros estudos na Manchester Grammar School (1876-1881) e posteriormente acadou a bolsa de estudos Langworthy, que lle permitiu ingresar no Merton College, da Universidade de Oxford. Alí cursou Estudos Clásicos entre 1881 e 1885, cando acadou o título de Bachelor of Arts, completado en 1888 co mestrado en Artes. O seu pai emigrara neses anos ao Canadá con toda a familia, excepto John, que ficou en Oxford para non interrompeu os seus estudos universitarios.
Docencia
Logo da súa graduación desenvolveu a súa carreira profesional impartindo docencia de lingua e cultura clásica en diversas institucións de ensino primario e secundario, entre elas o Eastbourne College (Dover), o Dover College e a University College School (Hampstead, Londres).
Logo do seu casamento en 1898 con Irene Kate Chaplin, o matrimonio creou e dirixiu a súa propia escola preparatoria para nenos en Merton Court, Kent, no sur de Londres.
Nesa época fixo numerosas viaxes por diferentes cidades europeas, con interese eminentemente cultural.
Numismática
A partir da súa xubilación da docencia en 1919 comezou a interesarse polo estudo da numismática romana e a principios dos anos vinte xa colaborou na identificación dos achados monetarios das escavacións do forte romano de Richborough, no condado de Kent. Co tempo foi especializando o seu interese nas cuñaxes imperiais romanas do século IV d. C., e estudou a presenza destas moedas na maioría das grandes coleccións numismáticas do seu país e de toda Europa. Ademais de ser autor de numerosos artigos científicos, o seu coñecemento destas emisións motivou a súa participación no volume IX da obra Roman Imperial Coinage, que cataloga as moedas emitidas desde Valentiniano I a Teodosio I.
Durante anos prestou tamén a súa asistencia en entidades como o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e o Gabinete Numismático de Viena. Foi membro da Royal Numismatic Society a partir de 1925 e tamén da Sociedade de Anticuarios de Londres.
J. W. E. Pearce morreu en Hampstead, Londres, o 25 de xaneiro de 1951, aos 86 anos.
Recoñecementos
- (1939): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.
- (1948): Medalla Huntington, da American Numismatic Society.
Publicacións
Ata a súa xubilación en 1919, as publicacións de Pearce consistiron na edición de clásicos latinos e na redacción de manuais para o ensino da lingua latina:
Cultura clásica
- (1899). Selections from Ovid's Metamorphoses. Bell & Sons, Londres.
- (1901). The Agricola of Tacitus (ed). Bell & Sons, Londres.
- (1902). Dent's first Latin book (con H. W. Atkinson). Londres.
- (1906). Tales of ancient Thessaly: an elementary Latin reading-book with notes and vocabulary. Blackwood, Edimburgo.
- (1907). The Roman Pronunciation of Latin (con H. W. Atkinson). Dent, Londres.
- (1909). Caesar Imperator: an elementary Latin reader with vocabulary and exercises on the text. Dent, Londres.
- (1913). Cornelia. Latin readings for the second (con E. V. Arnold). Dent, Londres.
- (1914). The Elegiac Poems of Ovid (ed.). 3 vol. Oxford University Press, Oxford.
Artigos en Numismatic Chronicle
Á parte da súa achega ao volume IX de Roman Imperial Coinage, as contribucións numismáticas de J. W. E. Pearce centráronse na publicación de artigos na revista Numismatic Chronicle, editada pola Royal Numismatic Society.
- (1929). "Hoards of Roman coins". Vol. 9. Nº 35/36. Páxinas 314-327.
- (1929). "The Coins found at Silchester". Vol. 9. Nº 35/36. Páxinas 328-332.
- (1929). "Roman Coins from Cirencester". Vol. 9. Nº 35/36. Páxinas 332-334.
- (1931). "A late hoard of Æ 3 and Æ 4 from Egypt". Vol. 11. Nº 44. Páxinas 318-319.
- (1931). "An eastern hoard of late ". Vol. 11. Nº 44. Páxinas 319-321.
- (1932). "Issues of thesiliqua at treveri and theof Gratian struck at Treveri". Vol. 12. Nº 48. Páxinas 245-273.
- (1933). "The Terling treasure". Vol. 13. Nº 51. Páxinas 145-181.
- (1934). "Notes on some aes of Valentinian II and Theodosius". Vol. 14. Nº 54. Páxinas 114-130.
- (1934). "A late Roman hoard from Dalmatia" (con M. E. Wood). Vol. 14. Nº 56. Páxinas 269-283.
- (1935). "A late Roman hoard from south-west Asia Minor". Vol. 15. Nº 57. Páxinas 21-24.
- (1935). "Late fourth-century hoard of "aes 4" from Woodbridge". Vol. 15. Nº 57. Páxinas 49-53.
- (1935). "Further notes on some aes of Valentinian II and Theodosius". Vol. 15. Nº 57. Páxina 72.
- (1935). "Siliqua issues at Treveri from the death of Valens to the accession of Magnus Maximus". Vol. 15. Nº 59. Páxinas 137-164.
- (1936). "A new hoard of siliquae from Icklingham". Vol. 16. Nº 63. Páxinas 257-261.
- (1936). "Roman site-finds from Cirencester". Vol. 16. Nº 63. Páxinas 261-263.
- (1937). "Eugenius and his Eastern colleagues". Vol. 17. Nº 65. Páxinas 1-27.
- (1937). "The ""-legends on the roman coinage". Vol. 17. Nº 66. Páxinas 112-123.
- (1938). "Gold coinage of the reign of Theodosius I". Vol. 18. Nº 66. Páxinas 112-123.
- (1938). "A second find of siliquae from Shapwick". Vol. 18. Páxinas 53-58.
- (1938). "Icklingham II redivivus". Vol. 18. Páxinas 59-61.
- (1938). "More late aes from Egypt". Vol. 18. Páxinas 117-126.
- (1938). "A new aes type of Valentinian I in the Museum at Budapest". Vol. 18. Páxinas 126- 128.
- (1939). "Shapwick III: a large hoard of valentinianian aes". Vol. 19. Nº 74. Páxinas 128-142.
- (1939). "Gold coinage of the reign of Theodosius I. Addendum". Vol. 19. Nº 74. Páxinas 167-168.
- (1939). "Concordia solidi struck at Constantinople by Theodosius I". Vol. 19. Nº 75. Páxinas 199-215.
- (1939). "Barbarous overstrikes found in fourth-century hoards". Vol. 19. Nº 76. Páxinas 266-283.
- (1940). "Issues of the soldi "" from Treveri". Vol. 20. Nº 79. Páxinas 138-160.
- (1940). "Barbarous overstrikes found in fourth-century hoards: some additional evidence from the East". Vol. 20. Nº 79. Páxinas 162-163.
- (1941). "Barbarous imitations of the "" type". Vol. 1. Nº 1/2. Páxinas 88-91.
- (1942). "A find of siliquae from Colerne, Wiltshire". Vol. 2. Nº 1/4. Páxinas 97-101.
- (1942). "Siliquae from a find at Mildenhall, Suffolk". Vol. 2. Nº 1/4. Páxinas 105-106.
- (1943). "A half-siliqua of the Treveran mint". Vol. 3. Nº 1/4. Páxinas 97-99.
- (1944). "Lugdunum: siliqua-coinage of Valentinuan II and Eugenius". Vol. 4. Nº 1/4. Páxinas 45-57.
- (1946). "The Tuddenham hoard of siliquae". Vol. 6. Nº 3/4. Páxinas 169-173.
- (1948). "Aes coinage of Valentinian I: the evidence from hoards". Vol. 8. Nº 1/2. Páxinas 66-77.
Notas
- ↑ Foster, J. (1888-1892). "Pearce, John William Ernest". En Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715-1886. Parker and Co., Londres. 4 vols.
- ↑ "Johnn William Ernest Pearce". Ray-Jones Family (https://family.ray-jones.org.uk)
- ↑ "Pearce". Ray-Jones Family (https://family.ray-jones.org.uk).
- ↑ Mattingly, H.; Sutherland, C. H. V.; Carson, R. A. G. (1951). The Roman imperial coinage. Vol. 9. Valentinian I - Theodosius I. Spink & Son, Londres.
- ↑ The Times. 30 de xaneiro de 1951.
- ↑ Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986) A History of the Royal Numismatic Society. RNS, Londres. Páxina 103. ISBN 0 901405 24 8
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Pearce, J. W. E.". WorldCat Identities.