Joaquín Pais Llorens
Quick Facts
Biography
Joaquín Pais Llorens, nado no Freixo de Sabardes (Outes) en 1889 e finado o 30 de decembro de 1960, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Mestre. Exerceu na Pobra do Caramiñal e en outubro de 1918 trasladouse a Redondela. En maio de 1921 foi elixido secretario da Asociación de Mestres de Redondela. De setembro de 1921 a outubro de 1922 fixo o servizo militar e participou na Campaña de África. Foi director da escola graduada e tamén daba clases de Bacharelato na súa casa, sendo logo habilitado. En agosto de 1924 foi elixido vocal da Unión Patriótica. Na Segunda República foi elixido presidente da Comisión Xestora Municipal de Redondela en marzo de 1933, cesando no cargo logo das eleccións de abril dese ano. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e sufriu un expediente de depuración que tivo como resultado a súa destitución como mestre. Estivo preso por razóns políticas, pasou 18 meses nos cárceres de Celanova e Pontevedra. Posteriormente subsistiu dando clases particulares. Nos anos cincuenta montou un negocio de material eléctrico en Marín.
Predecesor: Serafín Alonso Veiga | Alcalde de Redondela 1933 | Sucesor: Serafín Dacosta Pazo |
Vida persoal
Casou con Herminda Amaro Conde e tivo tes fillos: Mª del Carmen Jesusa, José María e Joaquina.