Joaquín García Picher
Quick Facts
Biography
Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo e finado o 12 de setembro de 1985, foi un político galego, alcalde de Vigo.
Traxectoria
Era perito industrial, profesor mercantil e economista. Foi nomeado alcalde de Vigo en 1974, antes da morte de Francisco Franco, e continuou até agosto de 1978, cando dimitiu nun pleno municipal embarullado por mor das protestas veciñais pola venda dunha parcela municipal para rescatar unha concesión municipal para dar paso a Enma González Bermello.
Durante a súa alcaldía foi inaugurada a nova casa consistorial, promoveuse a creación da Universidade de Vigo e que a cidade fose unha das sedes do Mundial de Fútbol España 1982. Foi o último alcalde que exerceu como presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
Predecesor: Antonio Ramilo Fernández-Areal | Alcalde de Vigo 1974-1978 | Sucesor: Enma González Bermello |
Notas
- ↑ "Don Joaquín García Picher cubre la vacante viguesa", artigo en La Vanguardia Española, 11 de setembro de 1974 (en castelán).
- ↑ "Don Joaquín García Picher nuevo alcalde de Vigo", artigo en ABC, 11 de setembro de 1974 (en castelán).
- ↑ "Recordando a Joaquín García Picher", artigo de Rafel López Mera no Faro de Vigo, 11 de setembro de 2010 (en castelán).
- ↑ "Dimite el alcalde de Vigo", artigo de Gerardo G. Martín en El País (en castelán).