Joaquín Díaz de Rábago
Quick Facts
Biography
Joaquín Antonio Díaz de Rábago y Díaz de Mier, nado en Muros o 6 de maio de 1837 e finado na Pobra do Caramiñal o 29 de xullo de 1898, foi un xurista, sociólogo e economista galego.
Traxectoria
Era fillo de Joaquín Díaz de Rábago y Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Aos dez anos trasladouse a Compostela. Licenciouse en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da Facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios de Santiago (1887) e director da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1887-1890).
Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lyon (1892) co estudo Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives. Foi un dos artífices do traslado dos restos de Rosalía de Castro ao Panteón de Galegos Ilustres.
Obras
- Los foros en Galicia.
- Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País.
- La industria de la pesca en Galicia, 1885.
- El crédito agrícola, 1883.
- La institución del salvamento de naúfragos, 1885.
- La jornada internacional de ocho horas, 1890.