peoplepill id: joaquin-arias-sanjurjo
JAS
Spain
1 views today
1 views this week
Joaquín Arias Sanjurjo
Spaans journalist (1860-1946)

Joaquín Arias Sanjurjo

The basics

Quick Facts

Intro
Spaans journalist (1860-1946)
A.K.A.
Xoaquín Arias Sanjurjo Joaquín Arias Sanjurjo Pardiñas
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Santiago de Compostela
Place of death
Santiago de Compostela
Age
86 years
The details (from wikipedia)

Biography

Joaquín Arias Sanjurjo Pardiñas, nado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1860 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 1946, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Membros do SEG en 1928: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Xesús Carro García, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás Guillán.

Fillo de Antonio Arias Armesto e Efigenia Sanjurjo Pardiñas. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e foi un intelectual preocupado polos problemas do campo. En 1887 encargouse da dirección do xornal Gaceta de Galicia por un breve período. Instalado en Ferreira de Pantón, foi elixido presidente do Comité Republicano de Monforte de Lemos en 1903. Presidente da Sociedad de Agricultores del Ayuntamiento de Monforte, interveu nas Asembleas de Monforte e en Solidaridad Gallega. En 1909 presentouse como candidato nas eleccións á Deputación Provincial con Juan Golpe e Casares Quiroga e foi o único solidario que conseguiu a vitoria, sendo elixido polo distrito Monforte-Quiroga na Deputación de Lugo. Ao finalizar a súa etapa de deputado escribiu un Manifiesto en contra das deputacións provinciais, en particular contra a de Lugo. En 1915 colaborou coa revista España de Madrid, de orientación melquiadista. En 1918, despois da presentación dos candidatos galeguistas próximos á Lliga catalá, escribiu un novo Manifiesto a las sociedades de labradores de Galicia y a los regionalistas de raza y abolengo gallego que no se hallen alquilados a la plutocracia barcelonesa o alistados en las clientelas de las oligarquías seudopolíticas de Madrid. Nos anos vinte volveu instalarse en Santiago de Compostela. Na Segunda República foi elixido Vicepresidente do Centro Radical Republicano de Santiago de Compostela en 1932 e concelleiro e tenente de alcalde do concello de Santiago (1934-1935). Publicou numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de Papeletas e Papeletas cervantinas, e outros relacionados coa historia de Galicia, mosteiros e vías romanas. Colaborou en El Eco de Santiago e Arquivos do Seminario de Estudios Galegos.

Foi noivo de Alejandra Martínez-Murguía de Castro, filla de Rosalía de Castro e Manuel Murguía.

Obras

  • El reino de Aregia, 1928.
  • El Castillo de Litoria y otras menudencias orensanas, 1932.
  • Novena sobre el Estatuto de Galicia, 1932.
  • Décima sobre el problema social de nuestro tiempo, 1933.
  • Sobre el actual problema ferroviario de Galicia, 1935.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Joaquín Arias Sanjurjo is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Joaquín Arias Sanjurjo
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes