Joaquín Arias Díaz de Rábago
Quick Facts
Biography
Joaquín Arias Díaz de Rábago, nado en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1916 e falecido na Coruña o 29 de maio de 2007, foi un rexistrador da propiedade e empresario galego.
Traxectoria
Fillo de Vicente Arias de la Maza. Na súa mocidade trasladouse co seu pai e a súa familia a Barcelona, onde estudou bacharelato e onde posteriormente se licenciou en dereito na Universidade de Barcelona. Opositou e gañou antes de ter a idade mínima a praza de rexistrador da propiedade. Tomou posesión da praza en 1941 e exerceu como rexistrador en diversas cidades galegas.
Grazas ao matrimonio da súa irmá Carmela Arias con Pedro Barrié de la Maza comezou a traballar na estrutura empresarial do Banco Pastor e mais en concreto na Fundación Barrié, da que foi nomeado vicepresidente como subordinado da súa irmá.
Vida persoal
Casou en Santiago de Compostela con Loreto Mosquera Arroyo en 1946. Os seus dous fillos, Xosé María Arias e Vicente Arias Mosquera, seguiron a súa carreira empresarial no banco.
Galardóns
- Premio Montero Ríos da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (2002).
Notas
- ↑ Cartel, 1-5-1946, p. 15.
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, F., ed. (2002). "Arias y Díaz de Rábago, Joaquín". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 43. ISBN 84-8064-113-4.