Jean-Denys Boussart
Quick Facts
Biography
Jean-Denys Boussart, nado en Liexa o 14 de febreiro de 1940 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 2017, foi un escritor belga de expresión valoa.
Obra
Publicou a colección de relatos Li rodje dame (1976); os poemarios: Li prumire voye (1966), Mi pårotche po ene noere çanse (1968), Li botike ås araedjas (1968); e a obra de teatro: Li grande cizete (1971). Textos seus apareceron na Anthologie de la litterature wallone de Maurice Piron (1979) e mais en Fleurs dialectales de Paul Charlier (1974). En francés publicou artigos sobre folclore e actualidade na revista Vlan e os volumes Liège de Simenon. Itinéraire Simenon. Promenade dans le Liège de Simenon, suivi de L'Itinéraire de Simenon en photos (1994) e Le jouet à Liège: de la Belle Epoque aux années 50 (2001).
Boussart foi contrario á creación dun estándar para o valón, amosándose asemade en contra da adquisición de novos espazos de uso para a lingua, que para el cumpría unha función folclórica.
Notas
- ↑ Pitite notûle so s' vicåreye en rifondou.walon.org