peoplepill id: jay-schiltz
JS
Luxembourg
1 views today
2 views this week
Jay Schiltz
Luxembourgish journalist, author, and cabaretist

Jay Schiltz

The basics

Quick Facts

Intro
Luxembourgish journalist, author, and cabaretist
Gender
Male
Place of birth
Steinfort, Steinfort, Canton of Capellen, Luxembourg
Age
62 years
Family
The details (from wikipedia)

Biography

John (" Jay ") Schiltz, nado en Steinfort o28 de xaneiro de 1958 e finado o 20 de maio de 2020 , foi un xornalista, escritor e artista de cabaré luxemburgués.

Traxectoria

Fillo do escritor Roger Schiltz. Despois de completar a súa educación secundaria no Athénée de Luxemburgo en 1978 entrou no mercado laboral, primeiro traballou no ferrocarril e logo na administración municipal de Steinfort. Ao inicio da década de 1990 entrou no xornalismo traballando na redacción de RTL Radio Lëtzebuerg e a partir de 1998 en RTL Télé Lëtzebuerg.

Dende o 1 de xaneiro de 2002 ata principios de decembro de 2013 foi redactor xefe da emisora pública Radio 100,7. Renunciou ao cargo para para non entrar nun conflito de intereses, tras o nomeamento da súa esposa, Francine Closener como secretaria de Estado no goberno Bettel-Schneider.

Jay Schiltz escribiu en luxemburgués obras de teatro dende 1991 e a partir de 2000 tamén escribiu textos para espectáculos de cabaré. De xaneiro de 2003 a maio de 2006 escribiu artigos para Kulturissmo, o suplemento cultural de Tageblatt .

En 1997 con motivo do Ano Europeo contra o Racismo e por iniciativa de Charles Goerens organizouse unha viaxe de 120 estudantes de secundaria luxembugueses ao campo de concentración de Auschwitz en Polonia. As viaxes fixéronse anuais e organizadas pola asociación Témoins de la 2ª Géneration e dende a súa constitución en 2001Schitlz foi o seu vicepresidente.Froito do seu labor e desas viaxes foi o libro Aschengenger - Erzählung einer langen Reise que se editou en 2003 en alemán.

Obra

Libros

  • Aschengänger - Erzählung einer langen Reise, Literareon, Herbert Utz Verlag, München, 2003, ISBN 978-3-8316-1127-0
  • No comment - Commentairen, Ultimomondo, Sandweiler, 2008, ISBN 978-2-919933-46-4

Teatro

  • Game over, 1991
  • Schäinhelleger Owend,, 1992
  • Eng Schnéischëpp, Chreschtdag an eng Rees an Italien, 1996
  • E Wäibierg an Alaska, 2005
  • Wanterdreem, 2007
  • Papa, tu dors?, 2008
  • De Schaf, 2009
  • Ängri ould börds, 2013

Cabaré

  • Para Cabarenert
    • Endstatioun Geenzuucht, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2000
    • Onkraut vergeet net, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2000
    • Fixfeier, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2001
    • Maach d'Kräiz... an alles bleift besser, con Rol Gelhausen, 2003
    • Schwamm driwwer, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2005
    • Alles am A..., con Rol Gelhausen e Claudine Muno, 2007
  • Para Cabaret Roude Léiw
    • Béierdéckelsgespréicher, 2006
    • Béierdéckelsgespréicher 2, 2009
  • Espectáculos individuais
    • An-Eck-Doten, 2005
    • Ex Cathédral, 2010
    • No politics, 2016

Notas

  1. "Jay Schiltz s'en est allé." wort.lu, 21 mai 2020.
  2. Lëtzebuerger Land: "A l'usure", 9. Dezember 2011, Säit 5
  3. "Buts". temoins.lu
  4. "Jay Schiltz est décédé".Paperjam, 20 de maio de 202
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Menu Jay Schiltz

Basics

Introduction

Traxectoria

Obra

Notas

Gallery (1)

Lists

Also Viewed

Lists
Jay Schiltz is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Jay Schiltz
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes