peoplepill id: javier-soto-valenzuela
JSV
Spain
1 views today
1 views this week
Javier Soto Valenzuela
Escritor, xornalista e político galego

Javier Soto Valenzuela

The basics

Quick Facts

Intro
Escritor, xornalista e político galego
A.K.A.
Xavier Soto Valenzuela
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Vigo
Place of death
Lugo
Age
43 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xavier Victoriano Soto Valenzuela, nado en Vigo en 1893 e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.

Traxectoria

Empregado mercantil. Militante nacionalista, foi presidente da Mocidade de Vigo (xuventudes das Irmandades) en 1921, e escribiu nese ano con Manuel Antonio o manifesto "Terra Ceibe", que se publicou como panfleto e despois foi reproducido polo periódico A Nosa Terra, como resposta á negativa do pleno do Concello de Vigo a que a bandeira galega ondease o día de Santiago ao carón da española. Foi director de La Garra, elixido presidente da Agrupación Artística en decembro de 1922, cargo do que dimitiu ao cabo duns días. Presidiu a Asociación de Empregados Mercantís Mercurio, e en representación desta asociación foi nomeado concelleiro de Vigo en abril de 1929. Durante a República foi concelleiro en Vigo nas filas da Alianza Agraria. Participou na Asemblea Galega de Compostela en xullo de 1932 que nomeou a comisión encargada de redactar o Estatuto de Autonomía. Instalado en Viveiro, foi presidente da Comisión de Iniciativas en 1935. Foi elixido secretario do comité local de Izquierda Republicana de Viveiro en novembro de 1935. En febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Viveiro e elixido tenente alcalde. Foi presidente do Comité local de Autonomía de Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Viveiro o 27 de xullo. Trasladado a Lugo, foi xulgado por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 17 de decembro, ás 8, nas tapias do cuartel da Garda Civil.

Xavier Soto homenaxeado polo cadro de declamación Aurora de Sárdoma en 1924.

Obras

É autor da comedia en galego O lóstrego, publicada en La Concordia en 1919, que foi estreada ese ano en Vigo polo cadro Juventud Artística. En febreiro de 1924 o cadro de declamación La Aurora de Sárdoma estreou a súa obra Terra ceibe.

Vida persoal

Casou con María del Carmen Vázquez González en 1924.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Javier Soto Valenzuela is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Javier Soto Valenzuela
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes