Jaime Solá
Quick Facts
Biography
Jaime Solá Mestre, nado en Vigo o 11 de setembro de 1874 e finado en Vigo o 9 de xaneiro de 1940, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Foi sobriño do tamén xornalista Luis Antonio Mestre e vivíu no Grove na súa infancia. A súa nai foi herdeira dunha parte do Gran Hotel da Toxa en 1891.
Estudou Dereito en Santiago de Compostela e Valladolid, pero profesionalmente dedicouse ao xornalismo. En 1903 mercou o xornal El Independiente de Vigo, que pasou a chamarse Noticiero de Vigo. Pasou un tempo en Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo e colaborou noutros xornais. Dirixiu as revistas Poquita Cosa e Vigo Juvenil.
A súa contribución máis importante foi a revista Vida Gallega, que dirixiu dende a súa creación en 1909 ata o final da súa primeira época en 1938. Desde as páxinas de Vida Gallega fixo unha clara promoción do complexo hoteleiro da Toxa, sendo accionista da sociedade anónima que o xestionaba.
Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.
Obras
Narrativa
- Cuentecillos, 1894.
- La mala sombra, 1895.
- El alma de la aldea, 1918.
- Ramo cativo. El Ribeiro de Avia, 1918.
- El otro mundo, 1919.
En Vida Gallega apareceron os relatos: Anduriña (1917), Diablillos e Mis memorias.
Poesía
- Todo malo, 1895.
- El nacer de un día, 1919.
Teatro
- El Diputado.