Jacobo Zbarsky
Quick Facts
Biography
Jacobo Zbarsky Kuper, nado en Łódź en 1914 e finado en Pontevedra o 10 de agosto de 1936, foi un odontólogo e político galego.
Traxectoria
Fillo de Abraham Zbarsky Geller, odontólogo como el, nacionalizado español en 1931, era socialista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, presentouse no goberno civil co uniforme de brigada de complemento de artillería, sendo nomeado polo gobernador Gonzalo Acosta Pan, xefe das milicias populares encargadas da resistencia contra os golpistas. Logo da rendición aos militares sublevados, abandonou o goberno civil e foi detido pola policía o 21 de xullo. Xulgado en consello de guerra sumarísimo por "rebelión militar", foi condenado á pena de morte. Foi executado no polígono de tiro de artillería, en Campolongo o 10 de agosto de 1936.
Véxase tamén
Bibliografía
- Lamela García, V. Luis (1993). Inmolados gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro... Sada: Ediciós do Castro. p. 107. ISBN 84-7492-655-6. (en castelán)
Ligazóns externas
- Familias represaliadas: Os Zbarsky (2)
- Jacobo Zbarsky na páxina web Nomes e Voces.