peoplepill id: ivan-puentes-rivera
IPR
Spain
1 views today
1 views this week
Iván Puentes Rivera
Spanish politician

Iván Puentes Rivera

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
Places
Work field
Gender
Male
Age
44 years
The details (from wikipedia)

Biography

Iván Puentes Rivera, nado en Perlío (Fene) o 17 de abril de 1980, é un político galego. Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Máster en Investigación en Comunicación e Doutorando en Comunicación pola Universidade de Vigo.

Traballou durante algo máis de tres anos como redactor das canles internacionais da Televisión de Galicia. Desde marzo de 2012, tras desempeñar labores de asesoramento na Deputación Provincial da Coruña e de ser Alcalde de Fene (A Coruña) traballa como investigador e profesor na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) adscrito ao grupo de investigación "NECOM: Neurocomunicación, Publicidade e Política".

Formación académica

  • 2012 - actualidade: Doutoramento en Comunicación pola Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Redactando tese de doutoramento baixo o título As Relacións Públicas ao Servizo da Comunicación Política: Os Gabinetes de Comunicación nos Concellos de Galicia.
  • 2011- 2012: Mestrado en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
  • 1998 - 2002: Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Traxectoria institucional

Dende moi novo participou activamente en política. Con 18 anos afiliouse ao PSdeG-PSOE en Fene e dous anos máis tarde, aos 20, ingresou nas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG). Toda a súa actividade institucional está ligada ao ámbito municipal e concretamente ao concello de Fene, como concelleiro e como alcalde desta vila.

Nas eleccións municipais de 1999 ocupou o oitavo posto da candidatura que o Partido Socialista presenta en Fene, pero non se incorporou á corporación municipal ata catro anos despois, xa que nesa ocasión o PSdeG só obtivo tres concelleiros.

Nas eleccións de 2003 volveu formar parte da candidatura socialista en Fene, no cuarto posto, e saíu elixido concelleiro. Ata 2007 foi o voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, levando a cabo como líder da oposición unha política especialmente crítica, aínda que colaboradora, co goberno do BNG que dirixiu Fene dende 1979 ata ese 2007.

Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Fene, logrando, por primeira vez dende a II República a vitoria do PSOE neste concello e provocando o primeiro relevo desde a Transición española á fronte da alcaldía de Fene, ocupada dende 1979 polo histórico nacionalista Xosé María Rivera Arnoso. Puentes foi investido alcalde de Fene o 16 de xuño de 2007, converténdose así no alcalde máis novo de Galicia. Os dous primeiros anos encabezou un goberno de coalición entre o PSdeG-PSOE e o BNG, pero as desavinzas entre ambas formacións políticas racharon a coalición en xullo de 2009, dando paso a un goberno socialista en minoría que se mantivo ata o final do mandato.

Nas eleccións municipais de 2011 Iván Puentes repetiu como cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Fene, pero o feito de que o PPdG se convertese no partido máis votado, unido á falta de entendemento entre socialistas e nacionalistas para chegar a un novo acordo de goberno, impediron que Puentes continuase á fronte da Alcaldía de Fene. Desde entón e ata o ano 2014 seguiu ligado ao Concello de Fene como líder da oposición, é dicir, como portavoz do Grupo Municipal Socialista en dita institución.


Predecesor:
Xosé María Rivera Arnoso
 Escudo de Fene.svg
Alcalde de Fene
 
2007 - 2011
Sucesor:
Gumersindo Galego Feal

Traxectoria no PSdeG-PSOE

Pouco despois de afiliarse ao PSdeG-PSOE en Fene (1998) Puentes pasou a formar parte da dirección local do Partido, mentres que na universidade se integraba no movemento estudantil de esquerdas. Así, entre 1998 e 2002 foi elixido representante dos seus compañeiros/as de licenciatura en diversos órganos da Universidade de Vigo.

En decembro de 2004, a lista que el encabezaba gañou o Comité Comarcal dos socialistas de Ferrolterra e resultou elixido Secretario Xeral da Agrupación Comarcal de Ferrolterra do PSdeG-PSOE, desempeñando tal responsabilidade durante cinco anos, ata finais de 2009.

En xaneiro de 2005 Iván Puentes é un dos militantes socialistas que forman o Comité Electoral do PSdeG para as eleccións ao Parlamento de Galicia dese mesmo ano, encargándose do equipo de mobilización electoral. Logo desas eleccións autonómicas, nas que Emilio Pérez Touriño asumiu a Presidencia da Xunta de Galicia, e ata maio de 2007 Puentes integrouse, como adxunto á Área de Organización, na Secretaría de Organización e Acción Electoral Nacional do PSdeG-PSOE, que dirixía Ricardo Varela, conselleiro de Traballo.

En xullo de 2008, no 11 Congreso Nacional do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño é reelixido Secretario Xeral e Puentes accede por primeira vez á dirección do Partido en Galicia, facéndose cargo da Secretaría de Deporte. Porén, a vitoria do PP nas eleccións autonómicas de marzo de 2009, precipitan a dimisión de Touriño como máximo responsable do PSdeG e con elo a caída de toda a Executiva Nacional (só 8 meses despois da súa elección) e a convocatoria dun novo congreso (Pontevedra, abril de 2009) que converte a Pachi Vázquez en novo Secretario Xeral. Iván Puentes rexeita o ofrecemento para formar parte desta nova dirección.

Así, de 2009 a 2013 as súas responsabilidades orgánicas cínguense ao ámbito local, como Vicesecretario Xeral da Agrupación Socialista de Fene e como representante desta no Comité Nacional do PSdeG-PSOE.

En 2013, tralo mal resultado do Partido Socialista nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, Pachi Vázquez dimite como máximo responsable dos Socialistas Galegos e ábrese un proceso de primarias para a elección do novo Secretario Xeral do PSdeG.

Nese contexto de renovación do Partido e de eleccións primarias nace Novo Socialismo Galego (ENESEGA), un foro encabezado por destacados socialistas como Xoaquín Fernández Leiceaga e constituído por un bo número de militantes do PSdeG, entre eles Iván Puentes, que defenden a necesidade de construír un novo Partido dos Socialistas de Galicia, cun proxecto político que se identifique claramente cos valores do galeguismo, a socialdemocracia o federalismo e o laicismo. Puentes é elixido voceiro nacional de ENESEGA e durante meses percorre as diferentes comarcas galegas para dar a coñecer as propostas do Foro para o novo PSdeG.

Xosé Ramón Gómez Besteiro gaña as primarias socialistas de setembro de 2013, convértese no novo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e propón a integración na súa dirección de diversos membros do foro Novo Socialismo Galego, entre eles Guillermo Meijón (Relacións Institucionais) Tania García Sanmartín (Política Social) Belén Louzao (Solidariedade e Cooperación) ou o propio Iván Puentes, que inicia así a súa segunda etapa na Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE, nesta ocasión como Secretario de Dereitos Cidadáns e Movementos Sociais e coordinador da área do mesmo nome.

Ao longo destes anos, Puentes tivo tamén diversas responsabilidades nas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), organización da que foi Secretario de Organización Nacional de novembro de 2002 a novembro de 2006. Foi ademais delegado de XSG no Comité Nacional do PSdeG-PSOE e no Comité Federal das Juventudes Socialistas de España e membro do Consello Político de JSE, órgano asesor da Executiva Federal, ademais de Secretario de Organización e Secretario Xeral de XSG Fene.

Outras responsabilidades políticas

  • 2007 - 2011: Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Membro da Comisión de Relacións Internacionais.
  • 2007 - 2011: Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Membro do Consello Federal, ademais de representante da FEGAMP no Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, na Comisión Interdepartamental de Xuventude, no Observatorio Galego de Xuventude (organismos dependentes da Xunta de Galicia) e na Comisión Parlamentaria de Estudo da Situación da Xuventude (Parlamento de Galicia).
  • 2007 - 2010: Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Membro do Consello de Administración en Representación do Concello de Fene.

Traxectoria profesional

  • 2014 - 2015: Universidade de Vigo. Profesor (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación). Docente das materias “Planificación Estratéxica das Relacións Públicas” e "Dirección de Comunicación" no terceiro e cuarto cursos, respectivamente, do Grao en Publicidade e Relacións Públicas e docente da materia "Propaganda en Medios Audiovisuais" no cuarto curso do Grao en Comunicación Audiovisual.
  • 2014: Universidade do Minho (Portugal). Investigador Invitado. Estadía de investigación de tres meses no Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS) da UMinho.
  • 2014: Universidade dos Açores (Portugal). Profesor Inivitado (Departamento de Linguas e Literaturas Modernas). Docencia sobre Comunicación Institucional e Protocolo Asociado a Eventos nas materias “Prácticas Discursivas”, “Teoría das Relacións Públicas” e “Oficina de Relacións Públicas” no primeiro e segundo curso da Licenciatura en Relacións Públicas e Comunicación.
  • 2013: Universidade de Vigo. Profesor (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación). Docente da materia “Planificación Estratéxica das Relacións Públicas” no terceiro curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas.
  • 2012 - actualidade: Universidade de Vigo. Investigador Predoutoral de “NECOM: Neurocomunicación, Publicidade e Política”. Membro deste grupo de investigación da Universidade de Vigo, integrado por profesionais do ámbito da comunicación, a psicoloxía, a psiquiatría, a lingüística y a estatística.
  • 2013: Universidade de Vigo. Profesor Invitado. Docente da materia “Técnicas de Comunicación Electoral e Institucional” no terceiro curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas.
  • 2012: Universidade de Vigo. Profesor Invitado. Docente das materias “Teoría e Historia da Comunicación” e “Xornalismo Electrónico” no primeiro e cuarto cursos, respectivamente, do Grao en Comunicación Audiovisual e da Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas.
  • 2009 - 2010: Instituto Jaime Vera. Profesor dos cursos “Técnicas e Aplicacións das T.I.C.“ e “A Web 2.0 na Comunicación Política Municipal”, impartindo o módulo de comunicación en comunidades virtuais.
  • 2007 - 2011: Concello de Fene (A Coruña). Alcalde – Presidente.
  • 2004 - 2007: Deputación Provincial da Coruña. Asesor da Presidencia.
  • 2001: Grupo Norte. Relacións públicas en FERPALIA, Salón do Turismo de Galicia (Pontevedra).
  • 2000 - 2003: Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG). (Bolseiro) Redactor de canles internacionais, adscrito ao Departamento de Retransmisións e Canles Internacionais.
  • 1998 - 2002: Gabinete de Comunicación da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. (Bolseiro) Coordinador de Protocolo entre 1999 e 2001. Outras tarefas desempeñadas: membro do departamento de prensa, organización de eventos e técnico de protocolo en diversos actos institucionais.

Froito do seu traballo académico, Iván Puentes é autor tamén de diversos traballos de investigación sobre comunicación (artigos en revistas científicas, comunicacións en congresos e capítulos de libros) e ten impartido conferencias sobre a materia en diversas institucións académicas e políticas de España e Portugal.

Colaboración en medios de comunicación

Dende hai anos é frecuente a colaboración de Iván Puentes con diversos medios de comunicación. Entre eles destacan:

  • 2010 - actualidade: V Televisión – Grupo Voz. Colaborador do programa Vía V, espazo autonómico de debate sobre diversos temas de actualidade dirixido e presentado por Fernanda Tabarés.
  • 2014 - actualidade: RadioVoz – Grupo Voz. Colaborador do programa Voces de Galicia, dirixido e conducido por Antía Díaz.
  • 2010 - 2013: Radiovoz – Grupo Voz. Colaborador do programa Despierta Galicia, dirixido e conducido por Antía Díaz.
  • 2009 - 2011: Radio Galicia Cadena SER – Grupo Prisa. Colaborador do programa La Ventana de Galicia, dirixido e presentado por Aida Pena.
  • 2007 - 2010: A Nosa Terra. Columnista na edición dixital deste xornal.
  • 2006 - 2009: Radio Líder. Colaborador do informativo Matinal Líder, dirixido e presentado por Javier Sánchez de Dios.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Fene
  • Partido dos Socialistas de Galicia

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Iván Puentes Rivera is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Iván Puentes Rivera
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes