peoplepill id: ismael-ramos
Escritor galego
Ismael Ramos
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Ismael Ramos Castelo, nado na Picota (Mazaricos) o 8 de abril de 1994, é un poeta e escritor galego.
Traxectoria
É autor da plaquette Hábitat/Interferencias (XVI Premio Francisco Añón, 2013), do diálogo A ferida (2013, con María do Cebreiro), e do poemario Os fillos da fame (XVIII Premio Johán Carballeira, 2016).
Textos seus viron a luz en revistas como Clarín, Grial, Luzes, PlayGround ou Dorna, de cuxo consello de redacción fai parte. Na rede, mantivo o blog Interferencias e actualmente escribe en O triste Stephen.
Obra
Poesía
- Hábitat/Interferencias (Concello de Outes, 2013, edición non venal). Plaquette.
- Os fillos da fame (Xerais, 2016).
Obras colectivas
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (Editorial Bubela, 2013). Poesía.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (Biblos Clube de Lectores, 2015). Poesía.
- No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía.
- 13. Antoloxía da poesía galega próxima (ed. bilingüe, Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). Poesía.
Premios
- XVI Premio Francisco Añón (2012).
- Premio Xuventude Crea de poesía (2014).
- XVIII Premio Johán Carballeira (2015).
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía do 2016 por Os fillos da fame (2017).
Notas
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Ismael Ramos is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Ismael Ramos