peoplepill id: isabel-blanco-2
IB
Spain
1 views today
4 views this week
Isabel Blanco
Avogada e escritora galega

Isabel Blanco

The basics

Quick Facts

Intro
Avogada e escritora galega
Places
Work field
Gender
Female
Place of birth
Vigo, Spain
Age
62 years
The details (from wikipedia)

Biography

Isabel María Blanco Franco, máis coñecida como Isabel Blanco ou Isabel Blanco-Rivas (en honor ao seu avó), naceu en Vigo o 10 de marzo de 1962, é unha avogada e escritora galega.

Traxectoria

Estudou dereito na Universidade de Granada e exerceu en Vigo desde 1989 como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.

Con Luz Beloso na presentación de María Viyals. Un talento rebelde, na Casa das Campás de Pontevera, 16/01/2019

Exerceu a docencia na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo e colaborou coa Casa da Muller de Vigo e os centros de Información da Muller de Mos e Ponteareas.. No eido da avogacía participou en: Curso de Victimoloxía da Universidade de Educación a Distancia (1996), Curso Xurídico sobre Aspectos do Código Penal do Instituto de la Mujer (1997), Curso “ A Administración Local na Unión Europea. A Unión Europea e as Entidades Locais “ do Concello de Vigo (1997), Curso sobre “ Dirección e Animación de Equipos de Traballo” na Escola Galega de Administración Pública (1998), Curso de Extranxería do Colexio de Avogados de Vigo (2016).

Súa foi a idea, creación e textos da mostra Rompe, xoga en igualdade (2018). Con Irene Silva creou a exposición de poesía visual Amores que matan non son amores (2018). O director de coros vasco Javier Busto compuxo música para tres poemas seus: "Vestida de frores" (Vebas Cum), "Poesía del deseo" (inédito), "Gosto dos bicos" (inédito).

Escribiu o guión da curtametraxe Manuela Romasanta de Roberto Oliveira.

Obras

En español

  • Historias de almas inquietas (2012). Reeditado en 2014 en Belagua Ediciones. ISBN 9788494175121.
  • Los mundos ajenos (2014). Belagua Ediciones. ISBN 978-8494175114. No libro explora os sentimentos, emocións e vivencias de persoas con diferentes discapacidades.
  • La muerte de Marilyn y otros relatos (2019). Belagua Ed. 102 páxs. ISBN 9788494951763.

En galego

  • Verbas cum (2014). Belagua Ediciones. ISBN 978-8494175138. "Estes poemas de amor que son como as augas dos regatos, repousadas nalgúns intres, e rápidas e burbullantes cando o seu curso se fai pronunciado, lense, escóitanse e tamén poden verse"
  • María Vinyals. Un talento rebelde (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-7-1. É unha recreación literaria da biografía de María Vinyals, nada en 1875 no castelo de Soutomaior.
  • As receitas de Rosaura (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-4-0. É o primeiro libro da colección: "Este que tes nas túas mans / é o Libro de Receitas / que a cociñeira Rosaura / escribiu para que as aprendas. / Só tes que ir pasando as páginas / unha a unha e pouco a pouco, / parándote a ler nelas / con olmos grandes de moucho". Tamén o primeiro libro infantil de receitas en galego.
  • Rosaura e o mar (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-5-7. Son versos de homenaxe a Rosaura e ás traballadoras do mar.
  • Rosaura, cesteira de Mondaríz (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-8494695988. Para coñecer o tradicional oficio dos cesteiros.

Premios

  • 1º premio no Concurso literario de Relatos Curtos Dunas, de Nigrán ( 2010).
  • 1º premio no Certame de narrativa breve “Carolina Planells” de Paiporta (Valencia) ( 2011).
  • 1º premio no II Concurso de Relato Corto «Mujer, Discapacidad y Empleo», convocado por la Secretaría de Política Social de CC OO de Almería.(2012).
  • Finalista Poetry Slam 2016 Vigo
  • Premio Certame de Poesía Xogos Florais 2017 Concello de Ponteareas.
  • 2º Premio Certame de Poesia Pazo da Saleta. Novembro 2017
  • 2ª Premio Certame de Microrelatos Ozoco 2018
  • 3ª Mellor libro de literaruta infantil 2017 “ As Receitas de Rosaura “ premios Fervenzas Literarias.
  • 7ª Mellor libro de literatura infantil 2018 " Rosura e o mar" premios Fervenzas Literarias.

Notas

  1. "Isabel Blanco Rivas". elcorteingles.es. Consultado o 16/01/2019. 
  2. "Isabel Blanco Rivas". belgaguaediciones.com. Arquivado dende o orixinal o 17/01/2019. Consultado o 16/01/2019. 
  3. ""Rompe. Xoga en Igualdade" CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-01-23. 
  4. EFE. "La exposición de poesía visual "Amores que matan no son amores" llega a Vigo - ABC.es - Noticias Agencias". ABC (en castelán). Consultado o 2019-01-23. 
  5. Vigo, Faro de. "La enigmática mente de Romasanta". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-01-24. 
  6. Atlántico. "La abogada viguesa Isabel Blanco, en su 'mundo ajeno'". Atlántico (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  7. "LOS MUNDOS AJENOS". Belagua Ediciones y Comunicación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-16. 
  8. "Isabel Blanco-Rivas presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu segundo libro de relatos, "Los mundos ajenos" - Actualidade - Casa de Galicia". casadegalicia.xunta.gal. Consultado o 2019-01-16. 
  9. Vigo, Faro de. "La abogada Isabel Blanco Rivas presenta un libro sobre personas con discapacidad". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  10. "VERBAS CUM". Belagua Ediciones y Comunicación. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-16. 
  11. Vigo, Faro de. "Mondariz acoge la presentación de Verbas Cum". www.farodevigo.es. Consultado o 2019-01-16. 
  12. "María Vinyals. Un talento rebelde". belaguaediciones.com. Arquivado dende o orixinal o 17/01/2019. Consultado o 16/01/2019. 
  13. "María viyals, un talento rebelde". lecturafilia.com. Consultado o 16/01/2019. 
  14. "As receitas de Rosaura". belaguaediciones.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. 
  15. "Poemas para comer". farodevigo.es. Consultado o 16/01/2019. 
  16. "Rosaura e o mar". belaguaediciones.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. 
  17. "Versos de homenaje a Rosaura y a las trabajadoras del mar". farodevigo.es (en español). Consultado o 16/01/2019. 
  18. Vigo, V.P. "Un libro divulga la cestería en Mondariz" (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  19. Redacción. "Os mellores libros do 2018". fervenzasliterarias.gal. Consultado o 2019-01-23. 

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Menu Isabel Blanco

Basics

Introduction

Traxectoria

Obras

Premios

Notas

Véxase tamén

Gallery (2)

Lists

Also Viewed

Lists
Isabel Blanco is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Isabel Blanco
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes