peoplepill id: isaac-palacin
IP
Spain
1 views today
2 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Age
57 years
The details (from wikipedia)

Biography

Isaac Palacín Losada, nado en Mos, o 19 de xuño de 1967, é un músico galego.

Traxectoria

Formouse como batería e percusionista co mestre cubano Ruy López-Nussa, aprendizaxe que completou con clases de percusión afrocubana con Emilio del Monte e de percusión tradicional galega con Francisco Estévez. Entre os 14 e os 17 anos exerce como afeccionado, formando parte de diversos grupos de rock como La banda del predicador e La nécora prodigiosa entre outros. Ao ano seguinte fixo a súa primeira incursión no mundo do folk como integrante da formación que acompañaba á cantante Uxía. Estivo tamén no colectivo Ya'sta la truop, colaborando con artistas como Los toreros muertos, Poyito de California e Rafa Kass. Máis recentes son as colaboracións nos proxectos do pianista cubano Jorge Gonzalez "Bombero" ou o autor brasileiro Fred Martíns. No ano 1991 intégrase en Matto Congrio, e no 1995 é un dos confundadores de Berrogüetto.

Colaborou tamén en gravacións de distintos xéneros, con grupos como Na Lúa, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Anubía, Batuko Tabanka, Heredeiros da Crus, Magín Blanco, Beladona, Lizgairo ou The Chieftains. Paralelamente efectuou tarefas de gravación e coprodución artística con Chouteira, Caldaloba, Pan de Capazo, Santi Quintáns, Paco Charlín e o Seminario Permanente de Jazz entre outros. Pola súa vez, tamén tivo relación co sector audiovisual, no que realizou traballos de Xefe e Postprodutor de Son.

Traballos discográficos

Traballos publicados con Berrogüetto

  • Navicularia, 1996.
  • A cantar con Xabarín, 1998.
  • Cantigas de Nadal, 1999.
  • Viaxe por Urticaria, 1999.
  • Hepta, 2002.
  • 10.0, 2006.
  • Kosmogonías, 2010.

Traballos publicados con Matto Congrio

  • Matto Congrio, 1993.

Participación noutros traballos colectivos

  • Instrumentos tradicionais galegos, co Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo.

Traballos audiovisuais

Colaboracións

  • O muíño abandonado, de Lino Fernández, 2006.
  • A semente, de María Reimóndez, 2006.
  • Tecendo o fío da memoria, de María Reimóndez, 2006.
  • Llanos. Presenza e devir dun fotógrafo, de María Ojea, 2008.

Premios

Con Berrogüetto

  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
  • Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998.
  • Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
  • Nominación pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
  • Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.

Bibliografía

  • Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia, de Fernando Neira.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Isaac Palacín is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Isaac Palacín
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes