Irene Garrido
Quick Facts
Biography
Irene Garrido Valenzuela, nada en Madrid o 29 de marzo de 1960, é unha economista e política galega do PPdeG.
Traxectoria
Aos dez anos trasladouse a Vigo. Licenciouse e posteriormente doutorouse en Economía pola Universidade de Santiago. Conseguiu a praza de profesora titular nesa mesma área, pero na Universidade de Vigo, onde foi directora do departamento de Economía financeira e Contabilidade. En 2010 foi designada como representante do Partido Popular no consello de administración de Caixanova.
En 2011 concorreu nas listas do PPdeG ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra, onde resultou elixida. Logo de tres anos na cámara baixa foi designada presidenta do Instituto de Crédito Oficial, a primeira muller en ostentar ese cargo na historia da institución de financiamento público. Un ano despois dimitiu para presentarse de novo na candidatura do PPdeG pola provincia de Pontevedra, neste caso nas xerais de 2015, nunha lista que foi encabezada tamén por tres mulleres, Ana Pastor de número 1, Garrido de 2, e Pilar Rojo de 3.
Revalidou a posición nas listas nas eleccións xerais de 2016, e volveu saír deputada. A finais dese ano foi escollida para ocupar o posto de Secretaria de Estado de Economía e Apoio á empresa, no ministerio de Economía dirixido por Luis de Guindos.
Vida persoal
É irmá de Fernando Garrido Valenzuela, quen fora deputado e conselleiro da Xunta, e que en 2011 era presidente do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais é curmá do conselleiro Alfonso Rueda e irmá de Javier Garrido Valenzuela, quen foi presidente dos promotores inmobiliarios de Galicia.