Ínhigo Ansotegui
Quick Facts
Biography
Ínhigo Jesus Ansotegi Soares, nado en Bilbao en 1982, é un político e empresario galego.
Traxectoria
Formación
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración (2000-2005) pola Universidade de Santiago de Compostela, dende o 2005 traballa no sector vitivinícola de Valdeorras.
Política
Entrou en 1998 en Galiza Nova, marchando dous anos despois para participar na fundación de Nós-Unidade Popular, presentándose na candidatura de Nós-Unidade Popular ás eleccións europeas de 2003. No 2004, desvencellouse desta opción política, e ó ano seguinte reintegrouse a Galiza Nova, sendo o responsábel local de A Rúa, na comarca de Valdeorras.
En Galiza Nova participou en Esquerda Nacionalista-Mocidade, da que foi Responsábel Nacional de Formación. Posteriormente, estivo no proceso Espazo Aberto en Galiza Nova que deu lugar à Mocidade Socialista Galega, da que foi Responsábel de Organización desde a súa fundación ata 2010, ano no que a MSG se disolveu na Mocidade Nacionalista Galega (MNG). Participou na fundación da MNG, da que é Coordinador Territorial de Ourense e membro do seu Consello Nacional e Executiva.
Na Asemblea Nacional de Galiza Nova do 2009, a MSG presentouse na Plataforma Entre tod@s, Galiza Nova, da que foi o cabeza de lista, sendo escollido para integrarse na Dirección Nacional de Galiza Nova e na súa Comisión Permanente, ostentando a Responsabilidade Nacional de Asociacionismo ata o ano 2012, no que presenta a súa dimisión. No BNG, ata a renovación do Consello Comarcal do BNG de Valdeorras do ano 2009, foi o Responsábel Comarcal de Propaganda. Así mesmo, foi membro do Consello Político Nacional do Espazo Socialista Galego, da Xestora Nacional de Máis BNG e pertence ao Consello Político Nacional de Máis Galiza. Ten publicado diversos traballos e reflexións políticas: sobre o nacionalismo, a sociedade galega e a situación do BNG.
No ano 2012, tras a Asemblea de Amio abandona o BNG e comeza a participar na asemblea do Novo Proxecto Común de Valdeorras.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sísifo e a informática, artigo do autor.
- Galiza en 2010, reflexións do autor.