Indalecio Tizón Reboreda
Quick Facts
Biography
Indalecio Tizón Reboreda, nado en Vigo, foi un avogado e agrarista galego.
Traxectoria
Foi presidente do Sindicato de Agricultores de Teis (1923), colaborou en El Pueblo Gallego e El Campesino. Foi Secretario do concello de Teis no breve período da súa existencia en 1936, oficial do concello de Vigo e Secretario do alcalde. Tamén foi oficial maior e xefe do servizo de montes, sendo quen repobou as illas Cíes e prantou os piñeiros na praia de Samil. Logo foi secretario de Navas de Estena (Cidade Real) e Argensola (Barcelona). Xubilouse en 1963. Foi condecorado coa cruz de cabaleiro da Orde civil do mérito agrícola en 1959. Asemade foi profesor de Agricultura na Escola de Artes e Oficios e Aparellador de varios concellos.
Foi pai de Indalecio Tizón Covelo.