Imeldo Corral
Quick Facts
Biography
Imeldo Corral González, nado en Ferrol o 7 de xuño de 1889 e finado na mesma cidade o 8 de novembro de 1976, foi un pintor galego, considerado un dos mellores pintores galegos do seu tempo, deixando unha produción de máis de dúas mil obras, sobre todo de paisaxes e mariñas da súa comarca, con títulos como "Mañan de neboeiro", "Unha corredoira", "Rio de Sáa", "O Souto", "Autorretrato", "Bretema en San Paulo D'enriba", "Sol da maña nos castiñeiros"...
Foi membro numerario da Real Academia de Belas Artes do Rosario da Coruña e membro de honra da Sociedad Artística Ferrolana. O concello de Ferrol outorgoulle a Medalla ao Mérito Artístico en 1976.
Estudou aos dezaoito anos un ano de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Logo trasládase a Madrid onde traballa como copista no Museo do Prado, mentres fai debuxos e pinturas ao óleo, pastel e acuarela.
Realiza a súa primeira exposición en 1912 en Madrid canda outros pintores galegos da man do Centro Galego de Madrid. Despois de dúas exposicións colectivas na Coruña en 1917 e 1918, ten a súa primeira exposición individual en 1918 en Madrid. Seguirá expoñendo nos seguintes anos por Galicia e por fóra, León, Barcelona, Madrid, chegando a expor en Buenos Aires grazas ao Centro Galego de aló.
Véxase tamén
Bibliografía
- Alejandro Barreiro. Del Arte gallego. Exposición rexional. A Coruña, 1917.
- Estévez Ortega. Arte Gallego. Barcelona. Editorial Lux, 1930.
- María Victoria Carballo Calero. Catálogo de pintura do Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1969.
- Gran Enciclopedia Gallega. Vol. 7. Xixón, S. Cañada, Edit., 1974
- Manuel Chamoso Lamas. «Arte», en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer. 1976.
- Ángel Ilarri Gimeno. Catálogo do Pazo Museo «Quiñones de León». Vigo, Concello, 1978.
- Francisco Pablos. Pintores gallegos del Novecientos. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1981.
- Francisco Pablos. Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.
- Fernando Mon. Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.
- José Leira Domínguez. Pintura Ferrolana. SAF, Ferrol, 1987
- Francisco Pablos. Colección Adriano Marques de Magallanes. Vigo, Concello, 1992.
- Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez. Historia de la Escuela de Artes y Oficios de Ferrol (1881 - 1930). Ferrol, 1994.
- Antón Pulido. A Nosa Pintura. Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002, edición especial para o Concello de Ferrol.
Ligazóns externas
- Biografía en pintoresgallegos.com
- Óleos de Imeldo Corral