Ignacio Varela Eiras
Quick Facts
Biography
Ignacio Varela Eiras, nado en Teo e finado no mesmo concello o 10 de maio de 1999, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
Fillo de Gabriel Varela Crego. Dono da farmacia de Pontevea. Sucedeu ao seu pai na alcaldía de Teo en 1954. Permaneceu no cargo ate 1979. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta encabezando unha candidatura independente nas municipais de 1983 e 1987. Nas municipais de 1991 presentouse polo PPdeG e volveu obter maioría absoluta. Decidiu abandonar a política en febreiro de 1995. Foi vicepresidente segundo do consello de administración de Caixa Galicia.
Predecesor: Gabriel Varela Crego | Alcalde de Teo 1954 - 1994 | Sucesor: Armando Blanco Martínez |
Recoñecementos
- Medalla de Prata de Galicia en 1995.
Vida persoal
Casou con Margarita Álvarez Insua e foi pai de Margarita e Carmen Varela Álvarez.