Ignacio Ares de Parga
Quick Facts
Biography
Ignacio Ares de Parga Conde, nado en Ourense o 31 de xullo de 1865 e finado en Buenos Aires o 22 de decembro de 1922, foi un pedagogo e político galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Ares de Parga Pulleiro e Melchora Conde. Estudou o bacharelato e fixo a carreira de maxisterio en Ourense. Marchou a Madrid a ampliar estudos na Institución Libre de Enseñanza. Emigou a Buenos Aires en 1885 con 20 anos. Alí ensinou matemáticas na Academia Británica de Buenos Aires. Formou parte da Comisión Redencionista de los Foros Gallegos, participou na Asociación Patriótica (1896), Liga Republicana (1903) e Juventud Republicana. En 1904 fundou o Centro Republicano Español e participou no Círculo Español Republicano (1907). Colaborou en La Voz de Galicia, Galicia Nueva e noutras publicacións da emigración galega. En 1917 participou con Francisco Lamas Salgado na fundación da Asociación Regionalista A Terra, de carácter autonomista. Foi director do boletín da Unión Hispanoamericana pro Valle Miñor, que seguiu os seus postulados pedagóxicos na creación das súas escolas. Vicente Risco dedicoulle o artigo "Plano Pedagógico para a Galeguizazón das nosas escolas" na revista Nós.
Vida persoal
Casou en Buenos Aires con Clara Raffo, e foi pai de Manuel S. Ares Raffo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel (2006). As escolas de emigrantes e o pensamento pedagóxico: Ignacio Ares de Parga e Antón Alonso Ríos. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-202-5.