peoplepill id: horacio-casas-iglesias
HCI
Spain
2 views today
4 views this week
Horacio Casas Iglesias

Horacio Casas Iglesias

The basics

Quick Facts

Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Teo, A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Place of death
Mexico
The details (from wikipedia)

Biography

Horacio Casas Iglesias, nado en Teo o 28 de xuño de 1906 e finado en México, foi un militar e político galego.

Traxectoria

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Aprobou as oposicións a Axente do Corpo de Investigación e Vixilancia en 1935. Foi conselleiro do Partido Galeguista na zona da Maía. Durante a guerra loitou no corpo de asalto do Exército Republicano, foi ascendido a sarxento en xaneiro de 1937, e ascendido a tenente do Corpo de Seguridade en xaneiro de 1938. Pertenceu a Solidaridade Galega Antifeixista. Foi presidente do Comité Obreiro de Gardas e Soldados e conselleiro do PG en Barcelona. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mere. Exiliouse en México, embarcando no buque Ipanema que chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. Foi contador do Padroado da Cultura Galega de México en 1953 e despois secretario do Padroado. Asinou, en nome do Partido Galeguista, o documento contra a entrada de España na ONU en 1955. Foi presidente da Irmandade Galega de México en 1965, e secretario do Club Galicia en 1966.

Vida persoal

Casou en Cidade de México con Maria Teresa Calderón Casazza en 1945, e foi pai de Horacio Manuel, Armando Rosendo e Cesáreo Alberto Casas Calderón.

Notas

  1. El Compostelano, 17-10-1923, p. 1.
  2. El Ideal Gallego, 28-9-1934, p. 2.
  3. Gaceta de la República, 29-1-1937, p. 929.
  4. Gaceta de la República, 19-2-1938, p. 562.
  5. Ficha de Horacio Casas Iglesias
  6. Visados otorgados a refugiados españoles para su emigracion a Mexico
  7. Ficha no Departamento de Migración de México
  8. España Popular, 25-11-1955, p. 4.
  9. España Democrática, 10-11-1955, p. 1.
  10. España Popular, 15-8-1965, p. 5.
  11. España Popular, 30-4-1966, p. 5.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Horacio Casas Iglesias is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Horacio Casas Iglesias
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes