Hixinio Ameixeiras
Quick Facts
Biography
Higinio V. Ameijeiras Varela, nado en Ferrol, foi un xornalista galego.
Traxectoria
Inspector xeral do Norte de La Ganadera Española. Masón. Presidente do Grupo esperantista de Barco de Valdeorras (1906) e posteriormente secretario do de Ourense. Creou a festa dos nenos pobres nos Reis de 1907, revitalizou a Festa dos Maios convocando un concurso en 1909, e dirixiu Ecos de Orense (1910-1911). Foi o principal promotor das Festas do Corpus, a través da Liga de Amigos. Foi presidente da Irmandade da Fala de Ourense e o primeiro director de O Tio Marcos d'a Portela, cesando como director en xuño de 1917. En 1918 participou en mitins rexionalistas con Otero Pedrayo, Arturo Noguerol e Antón Losada Diéguez.
Obras
Publicou en 1917, na imprenta-papelería de La Región, o parrafeo cómico-costumista De Conversa. Foi estreada por Toxos e Froles no Salón Apolo de Ourense o 8 de xuño dese ano.
Vida persoal
Casou con Adela Ferrer en 1902.