peoplepill id: hendrik-enno-van-gelder-1
HEVG
Netherlands
2 views today
2 views this week
Hendrik Enno van Gelder
Dutch numismatist

Hendrik Enno van Gelder

The basics

Quick Facts

Intro
Dutch numismatist
Work field
Gender
Male
Place of birth
Rotterdam, Rotterdam, South Holland, Netherlands
Place of death
Zeist, Utrecht, Netherlands
Age
81 years
The details (from wikipedia)

Biography

Para o arquiveiro e director de museo con nome e apelido coincidentes, véxase Hendrik Enno van Gelder (arquiveiro)

Hendrik Enno van Gelder, nado o 22 de setembro de 1916 en Rotterdam e finado o 7 de marzo de 1998 en Zeist, foi un numismático neerlandés, profesor da Universidade de Leiden e director do Gabinete Real de Medallas (Koninklijk Penningkabinet) dos Países Baixos.

Traxectoria

Orixe familiar e formación

Tanto o pai como a nai de Hendrik Enno van Gelder eran historiadores. Do mesmo modo que os seus dous irmáns, leva como segundo nome Enno seguindo unha tradición familiar. O seu tío, Hendrik Enno van Gelder, de nome e apelidos coincidentes, era arquiveiro municipal da Haia e director do Gemeentemuseum. Para evitar confusións, o sobriño asinou as súas publicacións como H. E. van Gelder.

En 1918 a súa familia trasladouse a Breda e en 1929 fixou a súa residencia na Haia, onde recibiu a súa educación secundaria, no Gymnasium Haganum. Entre 1934 e 1941 fixo os seus estudos superiores de Letras Clásicas e Historia Antiga na Universidade de Leiden, e en 1942 graduouse cun mestrado en Historia.

Na universidade tivo a súa primeira toma de contacto coa moeda grega e da Antiga Roma, integrada nos seus estudos da Antigüidade Clásica. En 1941 fixo a súa primeira visita ao Gabinete Real de Medallas (Koninklijk Penningkabinet), deu unha conferencia sobre a moeda de Augusto e comezou a facer as súas primeiras publicacións.

Carreira

Logo dunha primeira experiencia como profesor, en abril de 1944 ingresou como axudante científico no Koninklijk Penningkabinet, na Haia, o que lle permitiu o acceso a lecturas na súa biblioteca especializada que forxaron o seu futuro como numismático. A van Gelder encomendóuselle participar na reorganización dos fondos do Gabinete e da súa biblioteca, que permaneceran ocultos durante a ocupación nazi, na segunda guerra mundial. Un dos principais labores que levou a cabo nesta institución foi a catalogación sistemática das moedas dos Países Baixos da Idade Media e do período borgoñón. En paralelo a esta dedicación, van Gelder preparou a súa tese acerca da reforma monetaria durante a república de 1659-1694, coa que acadou o seu doutoramento en 1949, e o 1 de decembro dese mesmo ano foi nomeado director do Koninklijk Penningkabinet, logo do falecemento do ata entón director, J. van Kuyk. Exerceu este cargo durante 31 anos, ata que se retirou o 1 de marzo de 1980.

En 1976, van Gelder accedeu ao posto de profesor de Numismática e Historia do Diñeiro na Universidade de Leiden. Na súa toma de posesión na cátedra, pronunciou unha disertación acerca das moedas e o diñeiro no século XVI. Van Gelder mantivo a docencia en Leiden ata a súa xubilación en 1983.

Á parte da súa dedicación ao Gabinete Real de Medallas e á universidade, van Gelder, colaborou con outras a. Entre 1946 e 1965 foi secretario da Real Sociedade Numismática dos Países Baixos, e de 1948 a 1980 do Círculo Numismático da Haia, e entre 1962 e 1986 foi conservador do Museo de Teyler. Foi particularmente destacado o seu labor como secretario da Comisión Internacional de Numismática (1953-1963), onde participou na organización do Congreso Internacional de Numismática de París (1953) e no de Roma (1961). Tamén pertenceu ao consello directivo da Federación Internacional da Medalla de Arte. Entre as entidades asociativas doutros países, foi membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e da Sociedade Francesa de Numismática, e membro correspondente American Numismatic Society.

No ámbito familiar, Hendrik Enno van Gelder casou en 1948 con M. C. Gevaerts, con quen tivo dous fillos e unha filla.

Recoñecementos

  • (1961): Premio Javier Conde Garriga, da Asociación Numismática Española, de Barcelona.
  • (1972): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.
  • (1973): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.
  • (1975): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt.

Publicacións

Van Gelder foi un prolífico autor de artigos nas máis prestixiosas revistas numismáticas da súa época e colaboracións en publicacións conxuntas, así como de diversas publicacións monográficas:

Escolma de monografías

  • (1948). De penningen en het geld van den Tachtigjarigen Oorlog (con J. van Kuyk). Martinus Nijhoff, A Haia.
  • (1949). Munthervorming tijdens de Republiek, 1659-1694. Van Kampen, Ámsterdam.
  • (1951). Vondst van 12e-eeuwse munten te Arnhem.
  • (1955). De Nederlandse noodmunten van de Tachtigjarige Oorlog. Staatsdrukkerij- en Uitgeverijbedrijf, A Haia.
  • (1958). Noord-Nederlands kleingeld omstreeks 1400.
  • (1963). Schweizerische Münzen in niederländischen Münztarifen.
  • (1965). Portrait medals of Hugo Grotius. Norstedt, Estocolmo.
  • (1966). Munten kwamen tot leven (con M- P. de Bruin). Stichting IVIO, Ámsterdam.
  • (1960). Les monnaies des Pays-Bas bourguignons et espagnols, 1434-1713: répertoire général (con M. Hoc). Schulman, Ámsterdam.
  • (1961). Geld uit de grond. Stichting IVIO, Ámsterdam.
  • (1965). De Nederlandse munten. Het Spectrum, Utrecht.
  • (1965). Münzvalvation in Deventer und Dortmund.
  • (1966). Muntvondst Serooskerke 1966.
  • (1966). Het goud van Serooskerke.
  • (1967). Munten in muntvondsten (con J. S. Boersma). Fibula-Van Dishoeck, Bussum.
  • (1973). De muntvondst van boerderij 'Langeveld' onder Feerwerd (con J. W. Boersma).
  • (1974). Klein geld, grof geld. Stichting Gemeentelijk Cultuurfonds, A Haia.
  • (1976). Munten en geld in de 16e eeuw. Universitaire Pers, Leiden. ISBN 9789060212981
  • (1990). De reiskas van graaf Willem IV. Koninklijk Penningkabinet, Leiden.
  • (1995). Gedrukte muntplakkaten. Koninklijk Penningkabinet, Leiden.1916-1998)

Notas

  1. Van der Meer. (1999). Páxina 1.
  2. Van der Meer. (1999). Páxina 2.
  3. Gelder, H. E. Van. (1949). Munthervorming tijdens de Republiek, 1659-1694. Van Kampen, Ámsterdam.
  4. Van der Meer. (1999). Páxina 3.
  5. Van der Meer. (1999). Páxina 6.
  6. Scharloo, M. (1998). Páxina 99.
  7. Purmer, D. (1998). Páxina 103.
  8. Scharloo, M. (1998). Páxina 101.
  9. Gelder, H. E. van. (1976). Munten en geld in de 16e eeuw : rede, uitgesproken bij de aanvaarding van het ambt van bijzonder hoogleraar in de numismatiek aan de Rijksuniversiteit te Leiden op 28 mei 1976. Universitaire Pers, Leiden.
  10. Van der Meer. (1999). Páxina 4.
  11. Scharloo, M. (1998). Páxina 100.
  12. Van der Meer. (1999). Páxina 5.
  13. Scharloo, M. (1998). Páxina 102.
  14. Mateu Ibars. J.; Mateu Ibars, M. D. (1984). Titula de Felipe Mateu y Llopis. Su obra científica al conmemorar el LXXXIII aniversario. Universidad de Barcelona. Páxina 99. ISBN 84-7528-160-5
  15. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  16. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  17. "GIG-Ehrenpreisträger". No sitio web da SHMI.
  18. Scheffers, A. A. J. (1999).
  19. "Gelder, Hendrik Enno van 1916-1998 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  20. "Gelder, H. Enno van (Hendrik Enno) 1916-1998". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Hendrik Enno van Gelder is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Hendrik Enno van Gelder
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes