peoplepill id: gumersindo-sanchez-guisande
GSG
Spain
1 views today
1 views this week
Gumersindo Sánchez Guisande

Gumersindo Sánchez Guisande

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Place of birth
Santiago de Compostela
Death
Place of death
Buenos Aires
Age
83 years
The details (from wikipedia)

Biography

Gumersindo Sánchez Guisande, nado en Santiago de Compostela o 2 de agosto de 1892 e finado en Buenos Aires en 1976, foi un médico galego.

Traxectoria

Licenciado en Medicina en 1915 con Premio Extraordinario, foi profesor auxiliar na Facultade de Medicina de Compostela. En 1918 foi encargado pola Xunta de Ampliación de Estudos para participar, en Portugal, na organización dos Institutos de Anatomía.

Foi decano da Facultade de Medicina de Zaragoza e catedrático de Anatomía Descritiva das universidades de Sevilla (1923) e Zaragoza (1928). Creou unha institución de protección á infancia, sendo coñecido como o "médico dos nenos pobres".

Militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro republicano no concello de Zaragoza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Santiago e Vilagarcía de Arousa, e conseguiu chegar a Arxentina, vía Lisboa.

En Buenos Aires foi director médico do Centro Gallego e fundou con Antonio Baltar un sanatorio en Mendoza, ocupando a cátedra de Anatomía da Universidade desa cidade. Íntimo amigo de Castelao, foi un dos médicos que o atendeu, estando presente cando faleceu; el é o seu fillo embalsamaron o cadáver.

Participou nos faladoiros do Café Tortoni e estibo presente nos actos organizados polas colectividades galegas; nalgún como representante do Goberno republicano no exilio. Pronunciou conferencias, publicou traballos científicos e sociolóxicos e organizou cursos. Mesmo patentou inventos como o biberón.

Membro de la masonaría, formou parte da loxa “Antolín Faraldo”, de exiliados galegos en Bos Aires, que ademais de promover iniciativas editoriais e culturais, fundou en 1942 o "Fogar Galego para Anciáns" de Domcelaar.

Vida persoal

Casou en 1925 con Elisa Fernández de la Vega Lombán.

Obra

  • El padre Feijoo y los anatomistas españoles de su siglo.
  • Breve historia de la medicina, 1966.
  • Seis cantos galegos.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Gumersindo Sánchez Guisande is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Gumersindo Sánchez Guisande
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes